ALCALDÍA E MOBILIDADE
Máis de 1.400 escolares pasarán polo Parque de Educación Viaria de Amio durante marzo e abril
O Parque de Educación Viaria instalado no recinto feiral de Amio recibirá nestes meses de marzo e abril a visita de 1.450 alumnos/as de 25 centros educativos de Compostela. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e os concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e de Educación, Noa Díaz, visitaron esta mañá unha destas sesións prácticas nas instalacións.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns en Posadas (Córdoba).
ALCALDÍA
Santiago e Lugo, concellos referentes en reserva de contratos para centros especiais de emprego
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este martes o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez. Na xuntanza tamén participou o técnico municipal responsable de Emprego, Xavier Ferreiro.
CONSORCIO
Reunión da Comisión Executiva do Consorcio
O Consorcio de Santiago celebrou este martes unha xuntanza da súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde e presidente do organismo interadministrativo, Xosé Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Comezan os cursos de márketing dixital e desenvolvemento de videoxogos cofinanciados polo Concello de Santiago
Cincuenta mozos/as, todos/as menores de 30 anos, participan nas dúas actividades formativas de márketing dixital e desenvolvemento de videoxogos programadas ao abeiro do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Cámara de Comercio compostelá, xestionado a través do Departamento de Promoción Económica.
CONSORCIO
O músico catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquesta Sinfónica de RTVE, impartirá clases a músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos/as. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais dos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos ao centro.