ALCALDÍA
O alcalde recibiu a cónsul xeral de Colombia en Madrid, Gloria María Borrero
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu este venres a cónsul xeral de Colombia en Madrid, Gloria María Borrero Restrepo.
DEPORTES
O XII Trofeo Cidade de Santiago reúne máis de 250 judokas durante esta fin de semana no Restollal
Máis de 500 persoas, entre deportistas, técnicos/as, colexiados/as e delegados/as estarán esta fin de semana no pavillón do Restollal para participar no XII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, organizado polas federacións Galega e Española de Judo co patrocinio do Concello de Santiago. O torneo incluirá a VI Copa de España Infantil e o Campionato de Galicia Júnior, ademais dunha serie de actividades paralelas. Os detalles das competicións foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Esther...
ALCALDÍA
Compostela conmemorou os 200 anos do nacemento de Concepción Arenal coa colocación dun busto seu na rúa da Trindade
Hai hoxe 200 anos, un 31 de xaneiro de 1820, nacía en Ferrol a escritora e activista feminista Concepción Arenal. O Concello de Santiago quixo conmemorar esta data coa celebración dun acto na rúa da Trindade, onde estará o busto que ata agora se situaba nun lugar menos visible na Costa Vella, unha vez restaurado.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía Local fará controis no transporte escolar entre o 3 e o 7 de febreiro
A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha nova campaña de control do transporte escolar. No marco da mesma, a Policía Local realizará inspeccións entre o 3 e o 7 de febreiro, e o seu obxectivo é revisar que se cumpran os requisitos obrigatorios relativos ao transporte de menores en idade escolar, como o uso do cinto de seguridade, o acompañamento dunha persoa adulta autorizada ou a documentación actualizada do vehículo.