DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO
O Palacio de Congresos acolle unha nova edición da Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage
Os días 25, 26 e 27 de xaneiro volve celebrarse no Pazo de congresos da nosa cidade a Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage, que vai xa pola súa sexta edición. Os detalles da mesma déronos a coñecer a concelleira de Turismo, Marta Lois, e os organizadores do evento, Marycruz Madrid e Ángel Moix.
ESPAZOS CIDADÁNS
Incorporadas parcialmente as alegacións presentadas á ordenanza de terrazas antes da súa aprobación definitiva polo Pleno
O Goberno local volverá levar ao Pleno da Corporación a modificación da ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos de hostalería, despois de estimar parte das alegacións que foron presentadas ao texto aprobado en xullo de 2018. A modificación máis salientable ten que ver co artigo que regula as modalidades de ocupación da vía pública coas terrazas, en resposta á alegación presentada pola asociación Hostalería Compostela.
DEPORTE E POLÍTICAS SOCIAIS
Concello e Fundación Atlético de Madrid impulsan a Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión
A Fundación Atlético de Madrid vén de impulsar en Compostela unha Escola de Fútbol para nenos e nenas en risco de exclusión social, que é posible grazas a un convenio coas concellarías de Deporte e de Políticas Sociais. Na tarde de onte, Noa Morales acudiu á presentación do proxecto, acompañada do coordinador do mesmo, Marcos Heleno, e do responsable da área social e voluntariado da Fundación, Óscar Jiménez.