LINGUA
Música, contos, monicreques, maxia e unha gran festa no calendario do Apego deste mes de decembro
Durante o mes de decembro, o programa Apego ofrece de novo un completo calendario de actividades para os máis pequenos e pequenas da casa e as súas familias. Música, baile, xogos, contos, monicreques e maxia configuran un programa de lecer no que destaca a festa Apego, que se celebrará o 22 de decembro no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde apela á colaboración institucional no 25 aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade
O alcalde, Martiño Noriega, fixo hoxe un chamamento a "seguir a liña marcada no Xacobeo do 93, no que a colaboración institucional e o esforzo conxunto das administracións conseguiron relanzar o fenómeno xacobeo e poñer en valor o Camiño de Santiago". Foi durante o acto de conmemoración do 25 aniversario da Declaración do Camiño Francés como Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO, celebrado hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea. O alcalde reivindicou a importancia deste...
FACENDA
Presentado o borrador dos orzamentos de 2019, que ascenden a 115,2 millóns de euros e incorporan investimentos de cidade
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta hoxe do borrador de orzamentos para o vindeiro exercicio, que ascenden a 115,2 millóns de euros de orzamento consolidado (sumando os organismos autónomos Incolsa, TUSSA e o Auditorio, que xa aprobaron as súas contas) e supón "incrementar en case 10 millóns o orzamento do 2015". As contas xa foron presentadas a todos os grupos da oposición de cara a que poidan facer achegas antes de levalas a pleno.
ACCIÓN CULTURAL
A Mostra de Arte nos Escaparates "PaseArte" regresa ao Ensanche con obras de 60 artistas de primeira fila
Ata o 5 de xaneiro, pasear polo Ensanche será como percorrer a máis grande galería de arte contemporánea do país, grazas á Mostra de Arte nos Escaparates PaseArte. Nesta segunda edición, o programa permitirá exhibir obras de 60 artistas de primeiro nivel, grazas á colaboración entre a asociación de comerciantes Santiago Centro e as galerías Nordés, Trinta, Metro, Luisa Pita e Federica no era Tonta. O Concello tamén colabora coa mostra, que irá acompañada por actividades...
ALCALDÍA
Entregados os XXIV Premios Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu o acto de entrega do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. Francisco Collantes e José Luis Rodríguez, na modalidade descritiva, e David Quiñones, na analítica, foron os galardoados nesta edición.