ALCALDÍA
O alcalde recibe a antropóloga mexicana Marcela Largade
A antropóloga, feminista e investigadora Marcela Lagarde foi recibida esta mañá polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, nun acto no Salón Amarelo do Pazo de Raxoi. Á recepción asistiron a edila de Igualdade, Marta Lois, así como as concelleiras María Corral e Goretti Sanmartín e o concelleiro Gonzalo Muíños. Marcela Lagarde asinou no Libro de Honra do Concello.
ALCALDÍA
O Obradoiro acolle unha exposición itinerante sobre as violencias machistas
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e por membros da corporación e patrocinadores da campaña En negro contra as violencias (Gadisa, Paideia, Finsa e Castrosúa), visitaron esta mañá a exposición itinerante sobre as violencias machistas que se pode visitar dende o 16 ata o 26 de novembro. A exposición está patrocinada pola Fundación Paideia e por Finsa.
CONSORCIO
O director estadounidense Erik Nielsen ponse á fronte da Real Filharmonía de Galicia esta semana
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana o seu habitual concerto de abono no Auditorio de Galicia, o xoves 22 ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre estadounidense Erik Nielsen, no que será o seu debut coa RFG. É o actual director titular da Orquesta Sinfónica de Bilbao e director musical do Teatro de Basilea.
ACCIÓN CULTURAL
Chega a Cineuropa o último de László Nemes e Valeria Bruni Tedeschi
Tras se consagrar en Cannes coa escenificación da asfixia envolvente dun campo de exterminio nazi en Fillo de Saúl, László Nemes recorre en Sunsetao mesmo dispositivo de inmersión e ao punto de vista subxectivo do seu protagonista, aquí unha moza que chega á Budapest de comezos do século XX, mentres cae o Imperio Austrohúngaro. Nun marco de forza visual irresistible, Nemes arrisca de novo na narración elíptica, na formulación da investigación desta muller como un percorrido.../em>