DEPORTE
Todo listo para a Ruta dos Parques, a terceira proba do VII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan
Este sábado 3 de novembro celebrarase a terceira proba do CorreSan, a tradicional Ruta dos Parques con saída na Cidade da Cultura e meta no Parque Eugenio Granell. O percorrido é dos máis longos do circuíto, cun total de 6,1 quilómetros para a categoría absoluta.
TURISMO
Turismo ofrece durante esta ponte visitas guiadas para coñecer a Compostela de Rosalía de Castro
A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi as novas "Visitas guiadas da man de Rosalía de Castro polas rúas de Compostela", que se celebrarán do 1 ao 4 de novembro como atractivo turístico para a próxima ponte. Na rolda de prensa tamén participou a guía turística Inés Calvo, caracterizada da personaxe de Rosalía de Castro.
ACCIÓN CULTURAL
Aberta a convocatoria do XXIV Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego
A Asociación do Traxe Galego, en colaboración co Concello de Santiago e El Corte Inglés, veñen de convocar a XXIV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego. Un ano máis, haberá premios de 600 e de 1.200 euros para os mellores traballos descritivos e analíticos, respectivamente, sobre a indumentaria tradicional.
ALCALDÍA
O Compostela e o Pontevedra enfrontaranse na III edición do Memorial Antonio Bermúdez
O estadio de San Lázaro acollerá o próximo mércores o III Memorial Antonio Bermúdez, que desta vez enfrontará á S.D. Compostela co Pontevedra C.F. O encontro foi presentado hoxe, nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Martiño Noriega; o presidente do Compostela, Antonio Quinteiro; a presidenta do Pontevedra, Lupe Murillo; e o fillo do xornalista homenaxeado, Toño Bermúdez.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Nova xuntanza do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presidiu esta mañá na cidade portuguesa de Guimarães unha nova xuntanza do Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico.
MOBILIDADE
Os parquímetros de Santiago xa permiten o pago da ORA con tarxeta
Os parquímetros de Compostela, xestionados pola empresa municipal Tussa, xa permiten o pago dos tíckets da ORA con tarxeta desde mediados deste mes de outubro. Unha vez solucionadas unha serie de incompatibilidades técnicas, derivadas da transición da anterior empresa xestora, o sistema está a funcionar con absoluta normalidade, e non se están a rexistrar incidencias.