DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Nace "Talentia 2018", un espazo aberto polo emprego que se celebrará o 13 e o 14 de novembro no Palacio de Congresos
O Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago acollerá, os vindeiros 13 e 14 de novembro, o evento Talentia 2018, que nace en Compostela como un novo espazo aberto polo emprego. Esta cita "toma o relevo dos foros de emprego que a Axencia Local de Colocación viña organizando nos anos anteriores", tal e como sinalou a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois. As inscricións ábrense o mércores 31 de outubro.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar os último asasinatos machistas, o dunha muller en Sevilla e doutra en Pamplona.
ACCIÓN CULTURAL
"Territorios de intimidade. Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975", nova mostra do Auditorio
Territorios de intimidade. Artistas galegas baixo o franquismo 1940-1975 é o nome da nova exposición do Auditorio de Galicia que se inaugura este mércores 24 de outubro. Comisariada por Rosario Sarmiento, amosa máis de 70 obras entre pintura, debuxo e escultura ademais de documentación que as contextualiza. Obras de 13 artistas galegas, algunhas delas inéditas, procedentes de fondos privados, e que poderán ser vistas polo público por vez primeira.
ALCALDÍA
USC e Concello acordan iniciar os traballos de mellora e acondicionamento do Campus Vida
A Universidade de Santiago e o Concello compostelán acordaron crear unha comisión de traballo que se reunirá de maneira periódica para tratar asuntos de interese común, nomeadamente relacionados co acondicionamento do Campus Vida.