OBRAS E FACENDA
Avanzan a bo ritmo os investimentos dos orzamentos participativos do exercicio 2017
O concelleiro de Medio Rural e Reequilibrio Territorial, Rafael Peña, e a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deron conta hoxe do estado dalgúns proxectos dos orzamentos participativos do 2017. Os edís explicaron o estado das obras dependentes da Concellaría de Medio Rural, como a pavimentación do campo da festa de Marrozos, a senda peonil e os accesos ao Lamas de Abade e o proxecto de mellora da accesibilidade en Fontiñas. En total supoñen un investimento de 325.000 euros.
DEPORTE
O programa "San", impulsado pola Concellaría de Deporte, recibirá unha distinción na Gala do Atletismo Galego
O Concello de Santiago vén de coñecer que o programa San, impulsado polo Departamento de Deporte do Concello, será galardoado cunha distinción pola súa implicación na difusión e promoción do atletismo en Galicia.
ACCIÓN CULTURAL
"Global Complexity", de Amine Asselman, novo proxecto para a Zona "C"
Mañá venres, ás 19:30 horas, abre na Zona "C" a intervención Global Complexity, do artista Amine Asselman. No acto inaugural estarán presentes Jorge Duarte, segundo tenente de alcalde do Concello de Santiago, e o artista Amine Asselman, quen falará da narrativa da peza que presenta. O acto é aberto ao público e non é preciso presentar invitación.