LINGUA
Illa Bufarda, Brazolinda e o Colexio de Avogados de Santiago, distinguidas no XVIII Premio Manuel Beiras
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, Evaristo Rodríguez, deron a coñecer este martes en rolda de prensa o nome dos gañadores do Premio Manuel Beiras. Illa Bufarda, Brazolinda e o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela son as empresas e entidade galardoadas nesta décimo oitava edición. Pola tarde, os galardóns foron entregados nun acto celebrado na sede da Cámara.
DEPORTES
Sétima edición do Campus de Fútbol Vero Boquete do 27 ao 29 de decembro
A xogadora compostelá do París Saint Germain, Vero Boquete, presentou xunto á concelleira de Deporte, Noa Morales, o VII Campus de Fútbol Vero Boquete, dirixido a nenos e nenas que queiran aprender técnicas e tácticas futbolísticas. O Campus estará aberto os días 27, 28 e 29 de decembro. A inscrición remata mañá mércores.
A este campus tamén asistirán persoas vinculadas ao mundo do fútbol que compartirán cos nenos e nenas as súas experiencias e valores...
ALCALDÍA
Martiño Noriega felicitou o Nadal ao persoal municipal e aos xubilados neste 2017
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. Ademais, entregáronse as placas ás persoas xubiladas en 2017, de xeito que puideron recibir a homenaxe dos compañeiros e compañeiras cos que compartiron tantos anos.
POLÍTICAS SOCIAIS
Música, maxia e circo por Palestina na gala de humor solidario "Festiclown"
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou na compaña de Iván Prado, representante de Pallasos en Rebeldía, a gala solidaria Festiclown, que terá lugar no Teatro Principal o vindeiro 28 de decembro ás 18:30 horas.