ALCALDÍA
Martiño Noriega recibiu o peregrino 300.000
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a Andrew Larkin, un mozo estadounidense, que se converteu no peregrino 300.000 de 2017, cifra que supón un récord histórico para o Camiño. No acto tamén participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois, e o deán da Catedral, Segundo Pérez.
COMERCIO
A segunda mostra de "Comercios emblemáticos" estará aberta ata o 4 de febreiro en Afundación
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, inauguraron esta mañá a segunda edición de Comercios emblemáticos, unha iniciativa posta en marcha polo Concello o pasado ano para premiar e homenaxear aos establecementos comerciais máis significativos de Compostela.
TURISMO E ACCIÓN CULTURAL
Arranca a sexta edición do Mercado da Estrela
O Mercado da Estrela arranca mañá venres e permanecerá aberto ata o domingo 17. O evento, polo que en 2016 pasaron 10.000 persoas, chega a esta sexta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia.
ALCALDÍA
O alcalde recolle as demandas da Asociación Empresarial do Tambre
O alcalde mantivo hoxe unha xuntanza coa Asociación Empresarial do Polígono do Tambre, para recoller as demandas da principal área industrial da cidade. Xunto con Martiño Noriega, na reunión participaron o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois.
ALCALDÍA
Recepción aos participantes no Encontro Estatal de Guías Oficiais de Turismo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os/as participantes no III Encontro Estatal de Guías Oficiais de Turismo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"CuntiStar", "Proxecto internivel e interetapa de Mitoloxía dende a biblioteca" e "Auga doce" gañan o X premio Educacompostela
O Xurado dos Premios Educacompostela xa decidiu quen son os gañadores da décima edición deste certame, convocado polo Concello de Santiago en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
ACCION CULTURAL
David Quiñones, Juan Carlos Díaz e Manuel Otero gañan a XXIII edición do Premio Antonio Fraguas
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta tarde o acto de entrega do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Tradicional Galego, que celebrou xa a súa XXIII edición. O acto estivo presidido polo alcalde, Martiño Noriega, e a lectura da acta correu a cargo de Xesús Ferro, académico e profesor que formou parte do xurado.