CONVIVENCIA
A Policía Local súmase á campaña da DXT para o control da velocidade
O Concello de Santiago volve sumarse á campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade que promove a Dirección Xeral de Tráfico. Por iso, a Policía Local levará a cabo controis de velocidade nas principais vías urbanas, dende o próximo luns 17 ata o domingo 23 de abril.
COMERCIO
O Concello pon en marcha un Mapa Comercial coa información dos establecementos da cidade
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá o novo enderezo electrónico posto en marcha polo Departamento de Comercio para amosar a oferta comercial da nosa cidade.
DEPORTE
A praza da Quintana albergará a IV edición do torneo "Cidade do Futsal"
A concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada do presidente do Santiago Futsal, Ramón García, e do xerente de Viaqua, Julio Masid, presentou esta mañá os detalles da IV edición do torneo Cidade do Futsal, organizado polo Santiago Futsal, o Concello de Santiago e Viaqua.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago saca a concurso as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia
O Consorcio de Santiago acaba de licitar as obras de reparación de varias cubertas do Auditorio de Galicia. As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 8 de maio para presentar as súas ofertas. O prazo de execución estimado destes traballos será duns dez meses.
ALCALDÍA
Santiago presenta a súa candidatura á segunda convocatoria europea "Urban Innovative Actions"
O Concello de Santiago vai presentar a súa candidatura á segunda convocatoria europea do programa Urban Innovative Actions. Farao a través dun proxecto impulsado pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, e dentro da temática "Economía circular".
ALCALDÍA
O alcalde reunirase o vindeiro 26 de abril co ministro de Fomento para abordar as infraestruturas pendentes na cidade
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reunirase o próximo 26 de abril co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para analizar a situación na que se atopan as infraestruturas pendentes na cidade. A xuntanza foi fixada esta mañá en resposta á petición que fora formulada desde o Concello o 14 de novembro de 2016, e reiterada o pasado 4 de abril.
TURISMO
As Cidades Patrimonio promociónanse en Portugal
O Grupo Cidades Patrimonio promocionou as 15 cidades que forman a rede no mercado emisor portugués a través da feira de turismo Mundo Abreu, que se celebrou este fin de semana en Lisboa, no recinto FIL Feira Internacional de Lisboa do Parque das Nações.
ALCALDÍA E MOBILIDADE
Aprobada a memoria da municipalización da ORA e do guindastre para a súa votación no Pleno
A Comisión técnica para a municipalización da ORA e do guindastre acordou este luns avanzar na tramitación do proceso, e levar a memoria elaborada nos últimos meses ao Pleno para que sexa o conxunto da Corporación a que decida sobre a prestación directa do servizo a través da empresa pública municipal TUSSA.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Case 70 escolares participan no Programa de Conciliación de Semana Santa
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP das Fontiñas, un dos centros que, xunto co Raíña Fabiola, acolle o Programa de Conciliación de Semana Santa.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local amplía as áreas de actividade con reservas para centros especiais de emprego e empresas de inserción
A Xunta de Goberno acordou hoxe ampliar as áreas de actividade nas que o Concello pode facer reserva de contratos a centros especiais de emprego e empresas de inserción. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o Goberno quere "darlle prioridade a este tipo de centros, por riba das grandes empresas, á hora de adxudicar determinados servizos".