ALCALDÍA
A Deputación da Coruña estende as axudas do REACTIVA 2 á hostalaría das cidades de Santiago, Coruña e Ferrol
Valentín González Formoso anunciou esta mañá que o 24 de maio se abrirá o prazo de solicitude das axudas para a hostalaría de Santiago, Coruña, e Ferrol tras reunirse con Xosé Sánchez Bugallo, Inés Rey e Ángel Mato, que demandaron que o plan provincial beneficiase tamén ás cidades onde se ubican a maior parte dos negocios do sector. Estas axudas serán tramitadas directamente desde a Deputación e son compatibles coas de outras administracións.
POLITICAS SOCIAIS
AGADEA agasalla ao concello de Santiago cunha reprodución de tres cabezudos
A Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) fixo entrega esta tarde ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, dunha reprodución de tres cabezudos de Santiago realizados por usuarios e usuarias do taller de laborterapia. O rexedor agradeceulle persoalmente o agasallo, mostrouse interesado tanto polo labor que realiza a entidade, e destacou o detella que a entidade ten coa cidade de Compostela e coa súa cidadanía.
MEDIO RURAL
Medio Rural inicia os traballos de reforzo do firme da estrada de Chaián entre Marzo de Abaixo e o límite do termo municipal
Esta semana deu comezo a fase principal da execución das obras para o reforzo do firme da estrada de Chaián entre Marzo de Abaixo e o límite do termo municipal, promovidas pola Concellería de Medio Rural do Concello de Santiago de Compostela, da que en pasadas datas se realizaron os traballos preliminares. As obras enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concellería en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.
MEDIO RURAL
Visita ás obras, recentemente finalizadas, do CSC da Gracia, nas que se mellorou a accesibilidade e se acondicionou o entorno cunha área de xogos e un circuito biosaudable
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; acompañado do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel; visitou as obras recentemente rematadas, de "Acondicionamento do entorno do centro sociocultural da Gracia, mellora de accesibilidade no propio centro e creación dunha área de xogos e circuíto biosaudable nas inmediacións deste", ás que se destinaron 240.693,68 euros.
MEDIO AMBIENTE
O CERSIA acolle este martes a conferencia final do proxecto europeo Tropaverde - Rewarding Recycling
O Concello de Santiago de Compostela organiza este evento para dar peche ao proxecto europeo Tropaverde Rewarding Recycling, a través dunha xornada de debate e análise sobre residuos e medio ambiente. Para participar é preciso inscribirse.
MEDIO RURAL
Arrancan as obras de reparación e consolidación da Ponte de Vidán
Esta semana comezou a execución das obras para a reparación e consolidación da Ponte de Vidán, promovidas pola Concellería de Medio Rural do Concello de Santiago de Compostela cos traballos preparatorios necesarios. As obras enmárcanse dentro do plan POS+ que desenvolve a Concellería en coordinación coa Deputación Provincial da Coruña.
BARRIOS E OBRAS
Rematan as obras de rehabilitación enerxética de varios edificios municipais, que suporán un importante aforro a nivel económico
O Concello de Santiago acaba de recepcionar as obras de rehabilitación enerxética de varios edificios municipais. Son, concretamente, os Centros Socioculturais de Fontiñas, Vite, Pontepedriña e Santa Marta; a Casa das Asociacións de Cornes e a Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES); os pavillóns deportivos de Santa Isabel e de Roxos; o Centro Ocupacional de Aríns; e o Cersia. Estas actuacións contaron cun investimento de 519.999,44 euros; para un obxectivo de aforro enerxético de 857.733 kwh/ano.
ALCALDÍA
APERTURA DA TERCEIRA CONVOCATORIA DE AXUDAS: PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE SANTIAGO (PRESS)
O Concello de Santiago abre a terceira convocatoria de axudas destinada a paliar os efectos provocados polas medidas restritivas ditadas pola autoridade competente para frear a pandemia. Estas axudas se convocan no marco do convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do Plan de reactivación económica e social do Concello de Santiago, cunha achega provincial dun millón de euros.
COMERCIO
As solicitudes das axudas ao sector comercial poden solicitarse dende mañá sábado 8 de maio
As axudas ao sector comercial incluídas no PRESS (Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago) poden solicitarse dende as 9.00 horas de mañá, sábado 8 de maio. O prazo para a presentación rematará o 24 de maio.
DEPORTES
161 deportistas compiten no trofeo de iudo Cidade de Santiago, puntuable para a copa de España, que se celebra o domingo
O domingo, 9 de maio, o pavillón municipal do Restollal acollerá o "XIII Trofeo Cidade de Santiago. Copa de España Júnior", de iudo, no que colabora o concello de Santiago, a través da concellaría de Deportes. Na competición participarán máis de 250 persoas, entre organizadores, deportistas, técnicos, árbitros e delegados.