IGUALDADE
Compostela celebra o Día Internacional da Muller
O Concello de Santiago celebrou hoxe o Día Internacional da Muller cun acto institucional no que o alcalde e representantes dos grupos municipais que integran a Corporación deron lectura a un manifesto, e co fallo do premio Xohana Torres, que recaeu na curtametraxe "As pétalas murmuran" de Arantxa Lamas Ponte.
COMERCIO
Os establecementos do ámbito de Concheiros poden solicitar desde hoxe a súa adhesión ao programa de Bonos Corazón para esa zona
Unha vez publicadas as bases no BOP, os establecementos da área de Concheiros poden solicitar xa a súa participación no programa, prazo que se manterá aberto ata o 31 de maio de 2022. A partir do venres abrirase o turno para que a clientela poida descargar os bonos.
ALCALDÍA
O alcalde sinala a importancia "vital e estratéxica" para Santiago das obras do Orbital e do Orbitaliño
O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, xunto do delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, visitou esta mañá as obras do Orbital, que se atopan ao 30% de execución. Tamén asistiron os concelleiros José Antonio Constenla (PP), Jorge Duarte (CA) e Navia Rivas (BNG).
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado xoves en Maqueda (Toledo), vítima de violencia machista.
TURISMO
O Concello de Santiago asina un pacto de amizade entre o Camiño de Santiago e o Camiño de San Bieito en Italia
O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, asinou esta mañá no Pazo de Raxoi un pacto de amizade cos alcaldes das cidades italianas de Norcia, Subiaco e Cassino, co obxectivo de reforzar o vínculo entre o Camiño de Santiago e os principais centros do Camiño de San Bieito. Esta unión simbólica de camiños levouse a cabo no marco da visita a Santiago dos membros da delegación oficial das Celebracións Beneditinas, na que portaron o facho da orde, bendito previamente polo Papa e que, tras o periplo por España,...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación do contrato para instalar un novo alumeado público no lugar de Xulacasa, en Figueiras
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación do contrato que ten por obxecto a instalación de alumeado público novo, para substituir ao anterior, no lugar de Xulacasa, en Figueiras, a Valdonaire Solucións Técnicas SL, por un importe total de 44.044,00 euros, IVE engadido. Dos acordos adoptados, deu conta en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
Trátase dunha obra civil orientada a substituir a infraestrutura de alumeado público existente, incluíndo luminarias led de alta...
IGUALDADE
O Concello de Santiago recoñece o labor a prol da igualdade de distintas mulleres e colectivos da nosa cidade
O programa de actividades co gallo do 8 de marzo arrancou hoxe cun evento organizado polo Concello de Santiago, no que se homenaxeou a varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade, e que se distinguen polo seu labor a prol da igualdade. Baixo o lema "Mulleres de Compostela", a Sala Mozart do Auditorio de Galicia, acolleu esta tarde a gala de entrega dos galardóns, que foi conducido pola xornalista Marga Pazos, e que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón....
COMERCIO
Aprobada a partida para os "Bonos Corazón Concheiros", que estarán vixentes entre o 11 de marzo e o 31 de maio
Os Bonos Corazón Concheiros contarán cun investimento de 75.000 euros, e estarán operativo para a clientela dos comercios e os locais de restauración da zona de Concheiros-San Pedro, entre o 11 de marzo e o 31 de maio de 2022. Establécense tres modalidades de bonos: de 75 euros, de 50 e de 30 euros. Todos estarán cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante.
ALCALDÍA
COMUNICADO SOBRE RECOLLIDA DE PRODUTOS PARA UCRAÍNA
O Concello de Santiago, atendendo as recomendacións do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e da AECID (Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo), prega á cidadanía que non entregue máis produtos nin alimentos con destino a Ucraína pois, como indica o Fondo, "as ONG que xestionan o reparto da axuda no terreo están colapsadas" e "non se pode garantir a correcta distribucións dos materiais nin tan sequera que estes cheguen a destino".
ACCIÓN CULTURAL
A rede de Centros Socioculturais acolle un amplo programa de exposicións e representacións para festexar o 43 aniversario dos Monicreques de Kukas
A mítica compañía de teatro compostelá Monicreques de Kukas celebra os seus 43 anos de existencia cunha serie de exposicións e representacións que percorrerá os Centros Socioculturais e a Biblioteca Pública Ánxel Casal durante os meses de febreiro, marzo e abril. Esta mañá celebrouse no CSC do Romaño, no que se pode visitar unha mostra con marionetas, decorados e carteis sobre a obra "Don Gaiferos", un acto de inauguración que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo,...