ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O alcalde reúnese co conselleiro de Educación para analizar proxectos pendentes en Santiago
O alcalde, Martiño Noriega, mantivo esta tarde unha xuntanza co conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Na reunión de traballo tamén participaron o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o secretario xeral de Educación, Jesús Oitavén. Tanto o alcalde coma o conselleiro de Educación valoraron moi positivamente o encontro e bo entendemento entre as dúas partes.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, que deixou este domingo unha vítima en Almería.
DEPORTE
Santa Isabel acolle este sábado a Concentración de Escolas Galegas de Rugby, na que participarán preto de 300 escolares
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a Concentración de Escolas Galegas de Rugby que se celebrará este sábado 21 de xaneiro no Pavillón de Santa Isabel. Na rolda estivo acompañada polo presidente e vicepresidente da Asociación Valentes, Diego Pagnotta e Fernando Pérez, e por Esperanza Fernández, nai e adestradora.
ALCALDÍA
En marcha a estratexia para a reindustrialización de Santiago de Compostela
O Concello de Santiago, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, Igape, Universidade de Santiago, a Cámara de Comercio e a Asociación Área Empresarial do Tambre asinaron esta mañá un acordo de colaboración para a reindustrialización empresarial, promoción do asentamento de empresas e captación de proxectos de investimento para Compostela. Foi nun acto celebrado na sede social do colectivo empresarial do Tambre no que participaron o alcalde, Martiño Noriega; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o...
CONSORCIO
A Real Filharmonía celebra esta semana dous concertos didácticos para colexios
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos didácticos dirixidos a estudantes de primaria e secundaria. O primeiro será o mércores 18 e o segundo o xoves. Ámbalas citas terán lugar ás 11:00 horas no compostelán Auditorio de Galicia e contarase coa colaboración do actor Carlos Hermida, que intervirá como narrador.
CONVIVENCIA
Apertura do prazo de pagamento da taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia comunica a apertura do prazo, entre o 16 de xaneiro e o 15 de febreiro, para abonar a taxa anual correspondente ao ano 2017 das tarxetas de estacionamento de residente por razón de municipio.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello renovará case 2.500 puntos de luz grazas ao préstamo do IDAE de 1,5 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local deste venres aprobou a aceptación da axuda do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) para a renovación de instalación de alumeado público exterior municipal. Trátase dun préstamo por valor de case 1,5 millóns de euros a interese cero e cun período de carencia dun ano e 9 de amortización.
ALCALDÍA
Felipe VI recibe os alcaldes e alcaldesas das cidades Patrimonio da Humanidade
Este venres, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou na audiencia que o Rei Felipe VI ofreceu no Palacio da Zarzuela aos alcaldes e alcaldesas das cidades Patrimonio da Humanidade de España.
CONVIVENCIA
A Policía Local instala un parque infantil de tráfico no recinto feiral de Amio
O vindeiro luns, 16 de xaneiro, comezará a funcionar o parque infantil de tráfico que a Policía Local instalou no recinto feiral de Amio, dentro do seu programa de seguridade viaria Móvete seguro con Moito Olliño. O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Lamas de Abade será o primeiro en probar as instalacións. Vinte colexios de Compostela participarán no programa.
ALCALDÍA
María Rozas reúnese en Raxoi cos novos membros da Real Academia Galega de Lingua Portuguesa
A primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibiu esta mañá a Irene Neto e Gilva de Oliveira, novos membros da Academia Galega de Lingua Portuguesa, entidade nacida en Compostela o 1 de decembro de 2007.