MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello de Santiago súmase á conmemoración do Día Mundial en Memoria das Vítimas de Tráfico
O Concello de Santiago sumouse este domingo ao Día Mundial en Memoria das Vítimas de Accidentes de Tráfico coa colocación, no Pazo de Raxoi, dun cartel cun lazo negro que representa unha estrada, en memoria de todos os/as condutores/as que perderon a vida nun accidente e das súas familias.
TURISMO
As Cidades Patrimonio colaborarán coa Alianza das Civilizacións en materia de sustentabilidade
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade acordou en Eivissa, na Asemblea Xeral de Alcaldes e Alcaldesas, subscribir un convenio de colaboración coa Alianza das Civilizacións da ONU. En representación de Santiago de Compostela acudiu ao encontro o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os Premios Manuel Beiras cumpren 20 anos e abren unha nova convocatoria
O Concello e a Cámara de Comercio convocan a XX edición dos Premios Manuel Beiras para recoñecer e poñer en valor as empresas que usan o galego na súa comunicación. Os galardóns entregaranse o 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, nun acto moi especial que estará cheo de lembranzas e sorpresas con motivo deste 20 aniversario.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi ás participantes no I Encontro do Proxecto "Euro-Fem"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu as participantes no Primeiro Encontro Internacional de Emprendemento Feminino do Proxecto Europeo Euro-Fem. No acto tamén participaron os voceiros de Compostela Aberta, Martiño Noriega, e do BNG, Goretti Sanmartín.
EDUCACIÓN
Amplíase o prazo da inscrición no Programa Municipal de Conciliación de Nadal ata o 12 de decembro
Ata o xoves 12 de decembro permanecerá aberta a inscrición e matrícula no Programa Municipal de Conciliación de Nadal. Desenvolverase os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Ramón Cabanillas.
ALCALDÍA
O alcalde aborda co presidente do Parlamento a coordinación da programación cultural en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, reuníronse este vernes co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, para coordinar a programación divulgativa das dúas institucións en relación á figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen en 2020 se lle dedica o Día das Letras Galegas.
MEDIO RURAL
Continúa o operativo para reparar os danos causados polo temporal no rural
A Concellaría de Medio Rural mantén activo o operativo para reparar os danos causados polo temporal de vento e choiva nas parroquias do rural compostelán. Púxose en marcha onte xoves ás 14:00 horas e continúa activo debido á dispersión dos danos e ás dificultades que ofrecen moitos terreos pola chuvia caída.
PLENO
A Corporación aproba en pleno a conta xeral de 2018
O Pleno, nunha sesión extraordinaria, aprobou esta mañá a conta xeral do ano 2018. O documento recibiu os votos favorables do grupo do Goberno e de Compostela Aberta, mentres que PP e BNG optaron pola abstención.
ACCIÓN CULTURAL
Amigos da Ópera e a Banda Municipal homenaxearán o compositor Andrés Gaos con dúas galas líricas en Vilagarcía e Santiago
A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e a Banda Municipal de Música de Santiago homenaxearán neste mes de novembro a figura do compositor Andrés Gaos (1874-1959) con dúas galas líricas que se celebrarán en Vilagarcía e en Santiago os días 15 e 16 de novembro, respectivamente. Así, o anunciaron en rolda de prensa esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o director da Banda Municipal de Santiago; Casiano Mouriño; o presidente da Amigos da...
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello concede 1.127 bolsas para comedor, material escolar, actividades extraescolares e conciliación
A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta este xoves da resolución da convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares, que aprobou onte a Xunta de Goberno. Nesta convocatoria, dotada con 600.000 euros, xestionáronse 758 expedientes. En total, concedéronse 1.127 bolsas nas súas diferentes modalidades.