FESTAS
Sorteados os convites para presenciar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo
Xa se coñecen os nomes das 15 persoas gañadoras dos convites dobres para presenciar, cos/coas seus/súas acompañantes, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos. Estas 30 persoas tamén poderán asistir ao concerto previo da Real Filharmonía de Galicia. Nesta edición recibíronse 1.410 formularios de participación.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago de Compostela achega a Coímbra (Portugal) a súa experiencia como Cidade Europea da Cultura
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, participa este venres e mañá sábado en Coímbra (Portugal) no seminario "Europa das cidades. Europa da cultura", xunto con representantes das cidades de Aix-en-Provence e Poitiers (Francia), Esch-sur-Alzette (Luxemburgo) e Salamanca (España). O alcalde de Coímbra, Manuel Machado, recibiu as delegacións destas cinco urbes.
TURISMO E IGUALDADE
A praza do 8 de Marzo iluminarase nas festas do Apóstolo para amosar o compromiso de Compostela coa Igualdade
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, presentaron tres accións que se desenvolverán durante as festas do Apóstolo co obxectivo de amosar o esforzo que fai o Concello de Santiago pola igualdade. Estas tres accións son complementarias ao programa de festas da cidade.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este mércores en Cortes de la Frontera (Málaga).
ALCALDÍA
Recepción á delegación santiaguesa que participou na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, recibiron a delegación compostelá que participou na XIII edición dos Xogos do Eixo Atlántico.
FESTAS
O pregón de Luis Zahera e a música de Budiño e Zalon Thompson marcan o inicio das festas do Apóstolo
As festas do Apóstolo arrincan este venres co pregón do actor Luis Zahera, dando paso a 13 días de actividades de balde para todos os públicos. Nesta xornada inicial, a música poñerana Budiño, Zalon Thompson e Kind of Soul.
ACCIÓN CULTURAL
Peter Tscherkassky, Joan Fontcuberta e Laura Huertas Millán, primeiros nomes do festival Curtocircuíto 2019
O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela anuncia os primeiros nomes da súa 16ª edición, que se celebrará entre o 28 de setembro e o 6 de outubro. Trátase do cineasta e teórico austríaco Peter Tscherkassky, a quen se lle dedicará unha retrospectiva; do fotógrafo e ensaísta Joan Fontcuberta, convidado a presentar unha Carta Branca e a dar unha clase maxistral; e da artista e cineasta franco-colombiana Laura Huertas Millán, que protagonizará a sección Púlsar....
FACENDA
O Goberno local presenta un orzamento "técnico" para atender "necesidades inaprazables" por máis de 8,6 millóns de euros
A concelleira de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentou esta tarde os orzamentos que se levarán a unha Xunta de Goberno extraordinaria convocada para mañá venres e que hoxe mesmo se lle entregaron ao resto dos grupos municipais. O obxectivo destas contas, indicou, é "atender as necesidades inaprazables que non poden ser cubertas con cargo aos orzamentos prorrogados de 2018, cuantificadas en máis de 8,6 millóns de euros".
FESTAS
As atraccións da Alameda terán un horario inclusivo sen ruído de 17:00 a 19:00 horas os días 23, 25, 27 e 30
Co obxectivo de facilitar a participación dos nenos e nenas con diversidade funcional nas atraccións feirais da Alameda, a Concellaría de Festas, en colaboración cos feirantes, vai facilitar un horario inclusivo sen ruído, de 17:00 a 19:00 horas, os días 23, 25, 27 e 30 de xullo.
FESTAS
Últimas horas para participar no sorteo de convites para presenciar os Fogos do Apóstolo dende a zona de convidados/as
O Concello de Santiago sortea este ano 15 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar o espectáculo luminoso e pirotécnico da noite do 24 de xullo dende a zona habilitada para os e as convidadas.