POLÍTICAS SOCIAIS
José Manuel Pichel destaca o gran labor social e de inclusión que realiza Special Olympics, durante a gala de entrega de medallas e trofeos da entidade
O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, destacou hoxe o gran labor social que realiza a entidade Special Olympics Galicia, presidida por Eladio Fernández. Foi na "Gala de entrega das medallas e dos trofeos da liga de fútbol sala e baloncesto da liga Special Olympics Galicia.
ALCALDÍA
A Xunta de Goberno aproba o convenio para a renovación e acondicionamento da pista do Estadio de Atletismo do Campus Vida
A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria celebrada hoxe, aprobou o convenio de cooperación entre a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación Provincial da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela para a renovación e acondicionamento da pista do Estadio de Atletismo situada no Campus Vida.
ACCIÓN CULTURAL
Recepción a unha representación dos participantes no XXIV Certame Internacional de Cuarentunas
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, recibiu hoxe a unha representación da Federación Internacional de Cuarentunas que hoxe e mañá celebran en Santiago o XXIV Certame Internacional de Cuarentunas, no que participan 23 formacións procedentes de distintas provincias españolas, de Holanda e de Portugal.
PLENO
O Pleno dá luz verde ao inicio do procedemento para a creación dunha sociedade mercantil de actividade urbanística
O Pleno da Corporación celebrou hoxe o pleno ordinario do mes de novembro, 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller e que comezou cun minuto de silencio polas vítimas de violencia machista. Entre os asuntos máis destacados, o Pleno acordou o inicio do procedemento para a creación dunha sociedde mercantil de actividade urbanística e aprobou dúas declaracións institucionais.
IGUALDADE
Compostela lembra este 25N as vítimas da violencia machista cunha homenaxe na praza 8 de marzo
O Concello de Santiago súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller este 25 de novembro. Ás 12.00 h da mañá, asociacións feministas foron recibidas no Pazo de Raxoi polos membros da Corporación e para as 19.00 horas desta tarde darase lectura ao manifesto institucional e descubrirase unha placa en homenaxe ás vítimas desta lacra na praza 8 de marzo.
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Os V Premios Youtubeiras darán a coñecer mañá en Bertamiráns o palmarés deste 2021 nunha gala presentada por Tanxugueiras
Os Premios Youtubeiras, organizados polos servizos de normalización lingüística de dez concellos, das tres universidades e da Deputación da Coruña, darán a coñecer mañá as gañadoras e gañadores da súa quinta edición. Tras a paréntese do ano pasado, os galardóns recuperan neste 2021 a entrega presencial cunha gala que se celebrará na casa da cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20.00 h e que estará conducida polo grupo Tanxugueiras.
TURISMO
Santiago confirma a súa consolidación turística, con récord de turistas internacionais en outubro
Os datos do Instituto Nacional de Estadística confirman a recuperación turística da capital galega, superando a cifra de pernoctacións do mes de xullo.
MEDIO AMBIENTE
O Concello e Compostela Inserta poñen en marcha a campaña de concienciación ambiental "E ti, onde o botas?"
O Concello de Santiago de Compostela, en colaboración con Urbaser e a través da empresa de inserción laboral Compostela Inserta EIL, pon en marcha a campaña de sensibilización cidadá "E TI, ONDE O BOTAS?" co obxectivo de darlle unha maior visibilización aos diferentes lugares habilitados para desbotar os residuos xerados nos fogares da cidadanía compostelá mediante accións informativas e formativas. Presentárona en rolda esta mañá a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; o coordinador de...
ALCALDÍA
A Moeda anual de 30 euros dedícase ao Ano Santo Xacobeo 2021-2022
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de presentación da moeda acuñada pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.
EDUCACIÓN
Microconcertos polo Día Internacional da Música
A Escola Municipal de Música está a celebrar durante esta semana -do 22 ao 25 de novembro -uns microconcertos para conmemorar o Día Internacional da Música, cuxa efeméride é o día 22 pero que fan extensivo a toda a semana. Diferentes espazos da sede da Escola de Música serven de escenario ás distintas actuacións.