EDUCACIÓN
Programa municipal de conciliación de Nadal 2022
O programa municipal de conciliación de Nadal 2022 desenvolverase entre o día 23 de decembro e o 5 de xaneiro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.
ACCIÓN CULTURAL
Vinte solistas de dez nacionalidades competirán esta fin de semana polos catro galardóns que outorga o V Concurso de Canto Compostela Lírica
O Auditorio de Galicia acollerá esta fin de semana a fase eliminatoria e a final deste certame en dúas sesións abertas ao público, nas que competirán vinte voces orixinarias de países como Corea do Sur, Colombia, Israel, Serbia, Mongolia, Portugal, Estados Unidos ou Francia. O V Concurso Lírico, organizado por Amigos da Ópera de Santiago co apoio do Concello de Santiago, entregará un primeiro premio de 4.000 euros, un segundo de 2.000 e un terceiro de 1.000 euros.
CONSORCIO
Baldur Brönnimann sinala a procura da excelencia artística, a implicación social e a formación como os eixos da súa nova etapa á fronte da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia presentou este martes no Museo do Pobo Galego ao que será o novo director titular e artístico da orquestra e da Escola de Altos Estudos Musicais a partir do mes de xaneiro, Baldur Brönnimann. Acompañándoo na presentación estiveron o presidente do Consorcio de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do Consorcio, Belén Hernández, e a directora técnica da Real Filharmonía, Sabela García Fonte.
EDUCACIÓN, CENTROS SOCIOCULTURAIS E RELACIÓNS VECIÑAIS
O Concello de Santiago recupera o MultiXogo Nadal que se suma ao amplo programa de actividades de conciliación para estas vacacións
Os concelleiros de Educación, Rubén Prol, de Relacións Veciñais, Gonzalo Muíños, e a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, presentaron esta mañá en rolda de prensa a oferta de actividades nas escolas infantís e nos CSC da cidade para favorecer a conciliación durante as vacacións de Nadal. Tamén se presentou a iniciativa Multixogo Nadal que se desenvolverá entre o 26 de decembro e o 2 de xaneiro no multiúsos Fontes do Sar.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Entréganse os premios á excelencia empresarial
Esta convocatoria forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 do Concello de Santiago. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, entregou esta tarde o premio no Pazo de Raxoi acompañado do resto de integrantes do xurado.