CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro sociocultural de Conxo celebra o venres e o sábado unha nova edición das Xornadas micolóxicas
Chegan un outono máis as Xornadas Micolóxicas do Centro Sociocultural de Conxo, que este ano se celebrarán o venres 22 e o sábado 23 de outubro. Haberá dúas conferencias, a tradicional ruta para a recollida de cogomelos e un paseo micolóxico polo Banquete de Conxo.
OBRAS
Rematan as obras das beirarrúas da avenida de Salamanca, que permitirán aumentar a seguridade peonil nesta zona
Acaban de rematar as obras das beirarrúas da avenida de Salamanca, nas que se investiron sobre 40.000 euros e que permitiron, co arranxo das beiarrúas, mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil. As actuación realizadas explicounas, en rolda de prensa, o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández.
DEPORTES
Máis de 300 deportistas participarán este domingo 24 na XX edición do Ciclocross Cidade de Santiago
O estadio Verónica Boquete acollerá este domingo, 24 de outubro, de 8.00 a 16.00 horas a XX edición do Ciclocross Cidade de Santiago, que presentaron en rolda de prensa a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, e o presidente da Federación galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.
ALCALDÍA
O singular e histórico Carballo do Banquete, candidato a Árbore Europea do ano 2022
O bicentenario Carballo do Bosque do Banquete de Conxo quere converterse na Árbore Europea do ano 2022. Previamente precisa gañar o título de Árbore de España, para o que ten que competir con outras dez árbores de diferentes comunidades autónomas. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro; polos voceiros dos grupos municipais popular, Alejandro Sánchez-Brunete, e do BNG, Goretti Sanmartín; e pola concelleira de CA Branca Novoneyra, presentou a...
MEDIO RURAL
Aprobado o proxecto de pavimentación de viarios secundarios en varias parroquias do rural compostelán
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o proxecto da obra "Pavimentación de viarios secundarios en Verdía, Marantes, A Gracia, Marrozos, Sabugueira, Villestro, A Curuxeira e Aríns", que conta cun orzamento de 117.992,47 euros, IVE incluído, e un prazo de execución de catro meses.