EMPREGO
O alumnado do obradoiro de emprego CREAS II acondiciona e recupera un espazo no monte Viso para a veciñanza
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado Lago, e polo enxeñeiro xefe da Área de conservación e explotación de estradas da Coruña, Eduardo Toba, visitou o obradoiro de emprego dual CREAS II, co que se está a realizar unha intervención de mellora medioambiental para a rexeneración do Monte Viso.
SERVIZOS E MOBILIDADE
Protocolo para o acceso ao cemiterio municipal de Boisaca por mor da covid
O Concello lembra o protocolo a seguir no acceso ao cemiterio municipal de Boisaca nas festividades de Todos os Santos e o Día de defuntos e prega á cidadanía o cumprimento das medidas para a prevención dos contaxios por covid.
ALCALDÍA
O alcalde fai un chamamento a toda a cidadanía para que cumpra coas novas medidas restritivas
Xosé Sánchez Bugallo pide aos veciños e veciñas de Santiago que cumpraN coas novas restricións impostas pola Consellería de Sanidade, que establecen o peche perimetral conxunto dos concellos de Santiago, Ames e Teo a partir das 15.00 horas deste venres 30 de outubro.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo amosa a súa satisfacción pola inclusión da futura estación do AVE de Santiago no proxecto de orzamentos do Estado, cun investimento superior aos 30 millóns de euros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aclarou que no proxecto de orzamentos do Estado para o 2021 si está incluída a estación de tren. Un tema importante para a cidade, sinalou "estratéxico, cun investimento previsto de 30.450.000 euros", para "facer a estación do AVE de Santiago". Este apunte está, explicou, no apartado de alta velocidade. O rexedor recoñeceu que onte pasoulle inadvertido, pero despois de falar coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, "envioume a páxina", na que...