ALCALDÍA
O Grupo de Cidades Patrimonio acorda en Santiago conceder o seu Premio Patrimonio 2019 á Rede de Paradores
23/03/2019
Ler máis
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade concederá á Rede de Paradores de Turismo o seu Premio Patrimonio 2019. Así se acordou na Asemblea Xeral do Grupo, celebrada hoxe en Santiago. Este premio élle concedido cada ano a persoas ou institucións que destacaron na posta en valor ou conservación do patrimonio cultural, e o ano pasado recaeu na raíña dona Sofía.