IGUALDADE E MOBILIDADE
Conferencias e cine para repensar a mobilidade dende a óptica feminista
Este venres comezan as actividades da Semana da Mobilidade, baixo o lema "Combina, móvete, empodérate!". A programación está deseñada con dous obxectivos: fomentar o uso dos modos brandos de transporte e repensar a mobilidade dende a perspectiva de xénero. Os concelleiros Jorge Duarte e Marta Lois afondaron hoxe nas propostas dos vindeiros días, que "abordan a mobilidade e mesmo o urbanismo dende a óptica feminista".
CONSORCIO
A Real Filharmonía inaugura a súa tempada coa ópera "O holandés errante", de Wagner, en versión concerto
A Real Filharmonía de Galicia inaugura a súa tempada a próxima semana coa posta en escena, por primeira vez en Galicia, da ópera O holandés errante, de Richard Wagner, en versión concerto. A orquestra ofrecerá dúas actuacións, o xoves 27 na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 h; e o sábado 29 no Teatro Afundación de Vigo, tamén ás 20:30 h. Estes concertos son unha coprodución da Real Filharmonía de Galicia, Amigos da Ópera de Vigo e Amigos da...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello ampliará o patio do CEIP Quiroga Palacios
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de licitación das obras de ampliación do patio do CEIP Quiroga Palacios, que tamén será dotado dun novo parque infantil. A actuación custará cerca de 80.000 euros.
ALCALDÍA
Recepción ás persoas participantes na XXXVII Reunión de Asociacións e Xestores Culturais
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros integrantes da Corporación, recibiu as persoas participantes na XXXVII Reunión de Asociacións e Xestores Culturais, que se celebra entre o 21 e o 23 de setembro no Mosteiro de San Martiño Pinario.