ALCALDÍA
Máis de 200 veciños e veciñas da parroquia de Marrozos rematan a súa peregrinación pola Vía da Prata
A concelleira de Turismo, Marta Lois, recibiu os/as participantes na peregrinación pola Vía da Prata organizada pola Asociación de Veciños de Marrozos. Tamén participaron no encontro o voceiro popular, Agustín Hernández, e o concelleiro socialista Gonzalo Muíños.
ACCIÓN CULTURAL
A II Semana do Libro de Compostela chega ao seu fin este domingo
A décima e última xornada da SELIC 2018 vén cargadiña de música, mesas redondas, sesións de contos, premios e poesía. Ás 13:00 horas, aCentral Folque presenta en concerto dous libros-CD’s que afondan na música de tradición oral galega: Mulleres de Gargamala e Maruxa das Cortellas. O primeiro achégase á parroquia mondarizá de Gargamala para coñecer ás súas pandereteiras e cantadeiras, e lembrar o acervo sonoro dese lugar inzado de cantigas para o baile, o.../em>