MEDIO RURAL
Comezan os traballos de roza nos viarios e fincas de titularidade municipal
O próximo luns, 11 de xuño, comezará a primeira fase dos traballos de roza dos viarios municipais, á que se destinarán 110.000 euros. Tamén ao longo da próxima semana empezarase a actuar nas fincas de titularidade municipal.
DEPORTE
Compostela, sede este sábado do XX Maratón Urbano organizado por Special Olympics
A praza do Obradoiro será o lugar central da XX edición do Maratón Urbano de Special Olympics, que reunirá na popular localización compostelá a preto de 300 persoas. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales; o presidente de Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; o xerente de Aspas, Javier García, e ao atleta Jesús Cabo.
DEPORTE
O circuíto Trail Galaica reunirá preto de 250 atletas no Monte Pedroso
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o Circuíto Trail Galaica 2018 Santiago - Monte Pedroso, que reunirá a centos de persoas este domingo na Granxa do Xesto. Na rolda estivo acompañada de Iván Sanmartín, delegado da Federación Galega de Atletismo en Compostela; Ricardo Senda, representante de Imaxson, e Miguel Anxo Nogueira, do club Noitebra.
ACCIÓN CULTURAL
A praza de Cervantes acolle os sábados do mes de xuño o ciclo de concertos "Sábados Matinais"
Tralo éxito acadado polos vermús musicais na zona vella durante as festas do Apóstolo, os concertos volven á praza de Cervantes este mes. Todos os sábados de xuño, ás 13:00 horas, a veciñanza de Compostela poderá desfrutar dun variado programa musical que encherá de ritmo e gañas de festa as fins de semana.
ACCIÓN CULTURAL
A poética en feminino, a pegada de Fermín Bouza Brey e a relación entre Galicia e Portugal centran o xoves da SELIC
Este xoves, a carpa literaria da Quintana volverá abrir as súas portas ás 17:00 horas para tentar á veciñanza e aos/ás visitantes de Compostela coas novidades editoriais galegas e con múltiples actividades paralelas que transcenden o modelo tradicional de feira. Nesta sétima xornada, a Mesa pola Normalización Lingüística chega ao Espazo Efémero da SELIC para dar a coñecer as súas publicacións, iniciativas e proxectos na a promoción e defensa do uso do galego.
CONVIVENCIA
Máis de 500 nenos e nenas participarán mañá xoves na II Gala pola Seguridade Viaria
O Auditorio de Galicia acolle mañá xoves a II Gala pola Seguridade Viaria, impulsada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local. Máis de 500 alumnos e alumnas de 4º de Primaria dos centros escolares de Santiago asistirán á festa, que pecha o programa de formación no que participaron uns mil rapaces e rapazas ao longo do curso.