DEPORTE
Preto de 350 deportistas participarán desde mañá na V Jamboree Minibasket
Un total de 345 deportistas de 22 equipos participarán desde mañá na V Jamboree de Minibasket que organizan a Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago. A competición vaise desenvolver no pavillón do Restollal, con 10 equipos masculinos e 12 femininos.
EDUCACIÓN
Os CEIPs Raíña Fabiola e Monte dos Postes acollen os 260 nenos e nenas inscritos no Programa de Conciliación de Verán
Preto de 260 nenos e nenas participarán ao longo deste verán no programa de conciliación organizado pola Concellería de Educación e Cidadanía, e que se desenvolve nos CEIPs Raíña Fabiola e Monte dos Postes. Este segundo centro recibiu esta mañá a visita do concelleiro Manuel Dios, que quixo coñecer as actividades das que están a gozar nestes días os cativos e cativas.
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade presenta o seu Observatorio Turístico
O documento, financiado pola Secretaría de Estado de Turismo, sinala como grandes retos xestionar o crecemento de forma sustentable e adaptarse aos novos hábitos dos viaxeiros. Ao acto de presentación asistiu o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Zaragoza.
A alcaldesa en funcións, María Rozas, e outros/as integrantes da Corporación participaron neste acto, no que se gardou un minuto de silencio en recordo da muller asasinada, de 37 anos. Volveuse dar así cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.
No que vai...
CIDADES PATRIMONIO
Un compostelán gaña o II Certame de Creación Audiovisual do Grupo Cidades Patrimonio na categoría de 19 a 30 anos
Este concurso para mozos e mozas creadoras de entre 16 e 30 anos forma parte das celebracións do 25 aniversario da rede e enmárcase no Ano Europeo do Patrimonio Cultural. Divídese en dúas categorías: de 16 a 18 anos e de 19 a 30. Nesta última, alzouse co primeiro premio Alejandro Gesto, cunha peza sobre a riqueza patrimonial de Compostela. O certame conta coa colaboración do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
CONSORCIO
A música inglesa será o fío condutor da temporada 2018-2019 da Real Filharmonía de Galicia
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou esta mañá a nova temporada de abono 2018-2019 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; a directora técnica da RFG, Sabela García Fonte; xunto ao director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.
ALCALDÍA
Recepción aos xogadores, directiva e corpo técnico da SD Compostela
O alcalde presidiu esta tarde a recepción oficial aos xogadores e corpo técnico da SD Compostela, coa que o Concello de Santiago quixo recoñecer o traballo do equipo durante a temporada futbolística que vén de rematar. Martiño Noriega felicitou a todos os integrantes do club, e expresoulles o seu convencemento de que máis pronto que tarde lograrán o ansiado ascenso a Segunda B.