INFORMÁTICA
Arrincan as xuntanzas para a implantación da Administración Electrónica
Este martes comezaron as reunións internas para a implantación da Administración Electrónica no Concello de Santiago, despois da primeira xuntanza de coordinación celebrada o pasado venres. O Goberno municipal destinará máis de 1,8 millóns de euros á nova plataforma.
ALCALDÍA
A Peña Ciclista Amigos de Santiago (Ávila) peregrina un ano máis a Compostela
A concelleira de Deporte, Noa Morales, xunto con outros/as integrantes da Corporación, recibiu no salón vermello de Raxoi os integrantes da Peña Ciclista Amigos de Santiago, da cidade de Ávila, ao concluír unha nova edición da súa ciclomarcha a Compostela.
ALCALDÍA
Recepción ao embaixador da República Dominicana, Olivo Rodríguez Huertas
A alcaldesa accidental, María Rozas, recibiu o embaixador da República Dominicana, Olivo Rodríguez Huertas.
IGUALDADE
Minuto de silencio polas últimas vítimas mortais da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar os últimos asasinatos machistas, que deixaron este luns dúas vítimas, unha en Badalona (Barcelona) e outra no Porriño (Pontevedra).
MEDIO AMBIENTE
O CIAC imparte dous obradoiros-roteiros de recoñecemento das herbas de San Xoán
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) súmase este mes á celebración do San Xoán con dous obradoiros-roteiros de recoñecemento das herbas de San Xoán, un para as pequenas e pequenos da casa e outro para todos os públicos. Serán o venres 22 e o sábado 23, respectivamente, ás 18:00 horas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Ampliado ao 10 e 11 de setembro o programa municipal de conciliación
A Xunta de Goberno do 10 de agosto acordou ampliar dous días máis o Programa de Conciliación do Verán, que mantén o Concello coa empresa Actividades Lúdicas de Galicia SL. Así, o programa terá lugar tamén os días 10 e 11 de setembro dado o cambio que se produciu no calendario do vindeiro curso escolar.
TURISMO
A praza de Mazarelos celebra San Xoán con música, gastronomía, obradoiros e o lume sagrado do Pico Sacro
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron o programa da terceira edición do programa festivo de Turismo de Santiago para potenciar o atractivo turístico da noite de San Xoán na cidade, que se celebrará a fin de semana do 22 ao 24 de xuño na praza de Mazarelos.
MOCIDADE
A Concellaría de Mocidade organiza un ciclo de cine ao aire libre na Alameda
A Alameda de Santiago acolle a próxima semana un ciclo de cine ao aire libre, unha actividade organizada pola Concellaría de Mocidade con cargo aos Orzamentos Participativos Compostela Decide 2018.
CENTROS CÍVICOS
Publicadas as listaxes de admitidos/as nos campamentos de verán dos centros cívicos
Unha vez realizados os sorteos de prazas naqueles centros onde existían máis solicitudes que prazas, xa son públicos os listados de admitidos/as para as actividades matinais nos centros cívicos urbanos e rurais do mes de xullo.