POLÍTICAS SOCIAIS E SAÚDE
Un novo informe de Médicos do Mundo alerta das vulneracións na atención sanitaria ás persoas migrantes
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe o informe A urxencia dunha sanidade universal. Vulneracións do dereito á saúde en Galicia 2017 – setembro 2018, elaborado por Médicos do Mundo para denunciar as vulneracións na atención sanitaria ás persoas migrantes. Na rolda estivo acompañada de Belén Torrón, Eva Neira e Iria Gippini.
ACCIÓN CULTURAL
A compañía Tintimán recupera a Procesión da Santa Bolaña coa colaboración do Concello
A compañía Tintimán Audiovisual, en colaboración co Concello, recupera a Procesión da Santa Bolaña, unha actividade da que se teñen celebradas tres edicións, co obxectivo de "reivindicar a dramaturxia galega e, en particular, a figura de Roberto Vidal Bolaño". O acto desenvolverase o próximo sábado, cun percorrido que comezará en Pelamios para rematar na entrada do Teatro Principal coa lectura dun manifesto teatral.
ACCIÓN CULTURAL
O ciclo "As raíces na pedra" regresa no Nadal con cantos e danzas de Reis
O ciclo As raíces na pedra, froito da colaboración entre o Concello e catro das agrupacións de baile e música tradicional de Santiago, regresa á programación de Nadal cun programa que mostrará os cantos e as danzas de Reis dende o 23 ata o 30 de decembro. A actividade foi presentada hoxe pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, nunha rolda de prensa na que tamén participaron integrantes de Cantigas e Agarimos, Brincadeira, Ultreia e Colexiata de Sar.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobado o proxecto de reparación do muro da rúa de París (Fontiñas)
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de reparación do muro de contención situado entre as rúas de París e de Luxemburgo, no barrio de Fontiñas, que tivo que ser apontoado por risco de desplome. As obras custarán preto de 325.000 euros.
ALCALDÍA
Martiño Noriega felicitou o Nadal ao persoal municipal e aos xubilados e xubiladas neste 2018
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiu a tradicional recepción de Nadal aos traballadores e traballadoras do Concello e dos diferentes organismos autónomos e empresas públicas vinculados ao mesmo. Ademais, entregáronse as placas ás persoas xubiladas neste ano 2018.
ALCALDÍA
Bob Dylan ofrecerá un concerto no Multiúsos de Sar o próximo 29 de abril
Bob Dylan vén de incluír Santiago na xira que fará por oito cidades españolas na próxima primavera. O cantautor máis prestixioso do século XX actuará no Multiúsos de Sar o 29 de abril, dentro do coñecido como Neverending Tour, que arrincou en 1988 e que nunca se detén.
CONSORCIO
O Consorcio remata as obras de mellora da eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi
O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de mellora da eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi. A intervención realizouna a empresa Cabero Edificaciones, S.A., por un importe global de 277.815,29 euros.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello destinará 240.000 euros a unha nova rotonda no polígono do Tambre de conexión coa variante de Aradas
A Xunta de Goberno aprobou este venres o modificado do proxecto de construción, remodelación e mellora ao acceso do polígono do Tambre. Trátase do primeiro paso para a construción dunha nova rotonda na área empresarial, de conexión coa variante de Aradas. A actuación suporá un investimento de máis de 240.000 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Retómase a urbanización do SUNP-14 de Tras Paxonal
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a concesión de licenza para preto dun cento de vivendas no SUNP-14 de Tras Paxonal, un solo que empezou a proxectarse hai máis dunha década. O trámite foi posible despois de que o Pleno da Corporación aprobara onte, de maneira definitiva, os estudos de detalle das parcelas afectadas.