DEPORTE
Santa Isabel acolle a primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas de fútbol femininas sub-15 e sub-17
Do 14 ao 15 de decembro, o Campo Municipal de Santa Isabel albergará a primeira fase do Campionato de España de fútbol de seleccións autonómicas femininas, nas categorías sub-15 e sub-17. Participarán as selección de Galicia, Estremadura e Castela e León.
NADAL
Compostela celebra o Nadal cunha programación chea de música, tradicións e actividades na rede de centros cívicos
Santiago celebrará o Nadal con máis de medio cento de actividades, espalladas por todo o municipio e organizadas desde diferentes departamentos municipais para atender a públicos diversos. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe a programación, que "se articula en torno ás datas máis relevantes das festas, que aposta por recuperar tradicións do Nadal como os cantos ou a figura do Apalpador e que pensa especialmente no público infantil".
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal presenta o disco conmemorativo do seu 170 aniversario nun concerto no Auditorio
A Banda Municipal de Música de Santiago presentará o próximo sábado, no Auditorio de Galicia, o disco co que conmemora o seu 170 aniversario. Será nun concerto presentado por Xurxo Souto, no que a formación dirixida por Casiano Mouriño estará acompañada por Treixadura e Cantigas e Agarimos.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Espazo Educativo e de Lecer "María Miramontes" acolle a actividade "Círculo Literario", con Suso de Toro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe da primeira das actividades que o Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acollerá tras a súa inauguración. Trátase do Círculo Literario, "un proxecto innovador que permitirá que os alumnos e alumnas melloren a súa escrita, con catro encontros mensuais con Suso de Toro, que será o encargado da actividade", segundo apuntou o edil, que estivo acompañado na rolda de prensa polo escritor.