XUNTA DE GOBERNO
Continúan as obras de mellora de pavimentación nas parroquias do rural
A Xunta de Goberno aprobou este venres o expediente das obras de mellora e rehabilitación de pavimentos nos viarios das parroquias de Sabugueira, Figueiras e Marrozos, e o inicio do procedemento para a súa adxudicación. Nestes traballos vanse investir algo máis de 200.000 euros.
ALCALDÍA
Recepción a un grupo de peregrinos/as de Feafes
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e a concelleira do grupo popular Pepa Castro, recibiron un grupo de peregrinos/as da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais de Galicia (Feafes). Chegaron este venres á capital de Galicia tras facer o Camiño dende Salceda (Pontevedra).
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, que deixou este xoves unha vítima en Sestao (Biscaia).
LINGUA
O Apego recibe un dos Premios da Cultura Galega
O proxecto Apego vén de ser galardoado cun dos Premios da Cultura Galega, concretamente na modalidade de lingua, polo fomento que fai do galego entre os cativos e cativas.
POLÍTICAS SOCIAIS
Compostela celebrará o Día Mundial da Visión cun coloquio e un ciclo de obradoiros fotográficos
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, e a presidenta da Asociación Tiresias de Galicia, Lourdes Díaz, presentaron as actividades que se van desenvolver en Santiago co gallo do Día Mundial da Visión, que se celebra o 12 de outubro. As principais accións serán os talleres de fotografía Cores Marcianas, dirixidos fundamentalmente a persoas con dificultades visuais.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación de actuacións de mellora do alumeado público por máis dun millón de euros
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das actuacións de mellora do alumeado público nos accesos á cidade, por un importe de máis dun millón de euros. Trátase do proxecto que vai ser financiado con cargo á axuda do IDAE que recibiu o Concello de Santiago, por case 1,5 millóns de euros.
MEDIO AMBIENTE
As obras de mellora do firme da Alameda non inclúen asfalto nin cemento
As obras de remodelación do pavimento que se están a executar na Alameda non inclúen a utilización de asfalto ou cemento, tal e como se ben recollendo erradamente nalgúns medios de comunicación. O material utilizado, co visto bo da Comisión Asesora da Cidade Histórica, denomínase Aripaq.
ALCALDÍA
O alcalde participa este luns na inauguración do Festival "Remover Roma con Santiago"
O alcalde, Martiño Noriega, participará o próximo luns en Roma na inauguración do festival Remover Roma con Santiago, un evento organizado con motivo do XXX Aniversario dos Itinerarios Culturais do Consello de Europa. O programa está organizado pola Oficina Cultural da Embaixada de España en Italia e conta coa colaboración de numerosas institucións tanto españolas como italianas.