XUNTA DE GOBERNO
O Concello renovará a área de xogos infantil do parque Pablo Iglesias (Guadalupe)
A Xunta de Goberno acordou este venres iniciar a licitación para a renovación da área de xogos infantil do parque Pablo Iglesias, no barrio de Guadalupe. Así o informou esta mañá o secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu a presidenta da Asemblea Lexislativa dos Azores
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu no Pazo de Raxoi a presidenta da Asemblea Lexislativa da Rexión Autonóma das Illas dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís. No acto, no que tamén participou o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, representantes municipais e tamén da Asemblea dos Azores, Ana Luís asinou no Libro de Honra da Cidade.
POLÍTICAS SOCIAIS E MOCIDADE
Compostela acolle o segundo Festival de Muralismo e Graffiti ata o 24 de setembro
As concelleiras de Mocidade, Noa Morales, e de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentaron o II Festival de Muralismo e Graffiti de Santiago. O festival, leva título Compostela Contemporánea, celébrase do 15 ao 24 de setembro. Inclúe actividades como a creación de graffitis e murais e conferencias sobre a arte urbana.
ACCIÓN CULTURAL
Rafael Villalobos dirixe o primeiro dos concertos do Ciclo de Lied "Cantigas de Outono"
A escritura subversiva de Guillaume Apollinare serve de liña argumental para o primeiro dos concertos da XVIII edición do Ciclo de Lied. O luns 18 de outubro, a partir das 20:30 horas, o Teatro Principal acolle un recital coas obras que Arthur Honegger e Francis Poulenc compuxeron a partir dos textos do autor surrealista francés.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación do alumeado de Nadal
A Xunta de Goberno de hoxe deu luz verde ao inicio de licitación do subministro de instalacións eléctricas temporais para alumeados festivos das rúas, prazas e espazos públicos do Casco Histórico, Ensanche e parroquias de Santiago de Compostela durante as festas de Nadal 2017 e 2018.
ALCALDÍA
Atopados os documentos que demostran a propiedade municipal das esculturas de Abraham e Isaac do Mestre Mateo
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou esta mañá en rolda de prensa que o Concello vén de atopar documentación que demostraría que as estatuas de Abraham e Isaac do escultor Mestre Mateo pertencen ao consistorio compostelán.
ACCIÓN CULTURAL
Curtocircuíto presenta a obra cinematográfica de Alberto García Alix e Stuart Staples
A décimo cuarta edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Cine, amosará o traballo feito dende detrás da cámara do músico Stuart Staples e do Premio Nacional de Fotografía Alberto García-Alix. Segundo o director, Pela del Álamo, dentro da filosofía do festival "é importante amosar os traballos de creación periféricos de cada artista, en diálogo con outras disciplinas que non son as súas naturais. Curtocircuíto debe buscar os lugares de cambio,.../em>