EDUCACIÓN E CIDADANÍA
"Ler para comprender o mundo", o simposio que reivindica a lectura como motor do coñecemento
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou as conferencias que terán lugar no próximo mes de decembro e que levan por nome Ler para comprender o mundo. Ese é o lema do simposio sobre o libro e a lectura que organizará o vindeiro mes a Asociación Galega de Editoras e o Departamento de Educación, en colaboración con Cedro e o Consello da Cultura Galega.
IGUALDADE
O innovador taller "Novas masculinidades" traballará a igualdade cos homes
A Concellaría de Igualdade organiza un obradoiro de igualdade para este fin de semana, dirixido a traballar este tema cos homes. Trátase dun taller de autocoñecemento corporal que leva por nome Novas masculinidades.
TURISMO
O Mercado da Estrela celebrará o seu quinto aniversario os días 17 e 18 de decembro
A concelleira de Turismo, Marta Lois, e as organizadoras do Mercado da Estrela, Mónica Mejías e Elena Sánchez, presentaron no Pazo de Raxoi a quinta edición do evento, que se celebrará os días 17 e 18 de decembro coa colaboración de Turismo de Santiago. O Mercado da Estrela chega a súa quinta edición convertido nun festival urbano de inverno gratuíto para visibilizar o talento das persoas creadoras, artistas, artesáns, produtoras e emprendedoras de Galicia.
LINGUA
O concurso Yotubeir@s, quere encher a Rede de vídeos en galego
O concelleiro Jorge Duarte sumouse a representantes doutros dez concellos e das tres universidades galegas na presentación do concurso de vídeo Youtubeir@s, que nace co obxectivo de potenciar a presenza do galego na Rede. O certame atende ás novas tendencias sociais na comunicación actual e, sobre todo, ao papel activo dos e das youtubers.
FACENDA
O Pleno debaterá unha modificación de crédito para pagar sentenzas de mandatos anteriores
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, comunicou hoxe que mañá mércores haberá un Pleno extraordinario e urxente no que se debaterá un expediente de modificación de crédito para o pago de sentenzas de mandatos anteriores.
CONSORCIO
O músico catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquestra Sinfónica de RTVE, impartirá clases a intérpretes noveis
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. Esta semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais do alumnado da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos/as ao centro.
ALCALDÍA
Inaugurada a exposición sobre o Mestre Mateo no Museo do Prado
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu este luns no Museo do Prado á inauguración da exposición sobre o Mestre Mateo organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes e a Fundación Catedral, en colaboración coa Consellería de Cultura, Turismo de Galicia, a Deputación da Coruña, e o Consorcio de Santiago. É a primeira vez que o museo madrileño lle dedica unha exposición a un autor galego.
ALCALDÍA
O alcalde recibe o presidente de Uruguai, Tabaré Vázquez
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega Sánchez, recibiu o presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez, no Pazo de Raxoi.