XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno resolve a concesión de axudas á dinamización comercial
A Xunta de Goberno resolveu hoxe a convocatoria de axudas para actividades de promoción e dinamización comercial, da Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo. Serán catro as entidades que reciban esas achegas: Santiago Centro (22.385 euros), Compostela Monumental (22.523,48 euros), Em-Rede (2.653,58 euros), e a Federación de Libreiros de Galicia (1.987,9 euros).
TURISMO
Os participantes en "Compostela Ilustrada" debuxan os seus recunchos preferidos da cidade
Este venres comezaron a desenvolverse as actividades programadas no I Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, no que participan nove ilustradores/as de sona mundial.
ESPAZOS CIDADÁNS
Aprobado o proxecto modificado das obras da rúa de Montero Ríos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto modificado das obras de humanización da rúa de Montero Ríos, derivado de varios imprevistos que foron xurdindo durante a execución dos traballos. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade explicou os detalles do modificado, que suporá unha ampliación de 16 semanas no prazo para a execución do proxecto.
FACENDA
A proposta do Goberno local para os orzamentos de 2017 inclúe tres millóns de euros de investimentos vinculados á EDUSI
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta en rolda de prensa da segunda xuntanza mantida cos grupos da oposición no marco do proceso de negociación dos orzamentos do 2017.
IGUALDADE
Xa son 450 as entidades e establecementos adheridos a "En negro contra a violencia"
Queda tan só unha semana para que bote a andar a segunda edición da campaña Compostela en Negro, que este ano e co gallo da adhesión de 15 concellos ademais de Compostela, muda de nome e pasa a charmarse En negro contra a violencia.
ACCIÓN CULTURAL
Último pase de "Frantz", de François Ozon, e outras propostas para un sábado de cine
Este sábado, Cineuropa recupera o mellor cine proxectado durante os primeiros días do festival nunha xornada non exenta de novidades. Últimos pases de Frantz, de François Ozon; Lady Macbeth, de William Oldroyd; e Las furias, de Miguel del Arco.
ACCIÓN CULTURAL
Oliver Laxe presentou en Cineuropa a súa premiada "Mimosas"
O Teatro Principal abrirulle as portas de novo a Oliver Laxe, que visitou Cineuropa para presentar Mimosas. O cineasta galego, premio Cineuropa 2010, volve ao festival despois de facerse co premio na Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu último filme.