ALCALDÍA
Minuto de silencio na praza do Obradoiro en memoria das persoas falecidas a causa da COVID-19
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas a causa da COVID-19, con motivo da finalización esta próxima medianoite dos dez días de loito oficial declarados polo de España.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O Concello abre un formulario de comunicación das cacharelas privadas
O Concello de Santiago, a través da web municipal, vén de habilitar un formulario a través do cal se poden comunicar as cacharelas e sardiñadas de San Xoán. Neste espazo tamén se poden consultar as normas ou descargar o impreso de solicitude, por se a comunicación se quere realizar a través do Rexistro. Este ano, a causa do COVID-19, non están permitidas as cacharelas e sardiñadas en terreos públicos.
EDUSI
Últimos días para a presentación de ofertas para os traballos de sondaxe e de acondicionamento interior do Castelo da Rocha Forte
Continúa aberto o procedemento de licitación de dúas actuacións no Castelo da Rocha Forte: un para a realización de sondaxes arqueolóxicas e outro para o acondicionamento interior do xacemento. A primeira ten como data límite o 11 de xuño, mentres que a segunda remata o prazo de presentación de ofertas o 18 de xuño. Ambas operacións forman parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) do Concello de Santiago, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
TURISMO
A comisión executiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés acepta a solicitude de ingreso da Coruña
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte asistiu hoxe á reunión da comisión executiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, na que participaron distintos alcaldes e concelleiros dos municipios adheridos á esta entidade. No encontro aceptouse a solicitude de ingreso na entidade do Concello da Coruña.
PATRIMONIO
O Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre dotarase dun plan director
A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, xunto a representantes da Deputación da Coruña e dos concellos de Ames, Brión e Teo, participou na Xuntanza do Consello Director de Compostela Rupestre. Foi unha reunión telemática na que se decidiu a licitación do Plan Director de Xestión do Parque Arqueolóxico Compostela Rupestre, que se licitará por 95.567,01 €.
EDUCACIÓN
Este venres remata o prazo de preinscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música
A Concellaría de Educación lembra que mañá venres remata o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Municipal de Música. Os impresos poden descargarse na web municipal ou na da da propia EMM.
ACCIÓN CULTURAL
O Auditorio retoma este venres a actividade expositiva coa mostra "Xirarei", comisariada por Fausto Isorna
A exposición Xirarei: Deseño de cubertas no disco galego 1955/1995 volverá abrir este venres, 5 de xuño, no Auditorio de Galicia. Interrompida por mor do cese das actividades culturais durante o confinamento, esta mostra comisariada por Fausto Isorna ve agora ampliado o seu período de exhibición na sala Isaac Díaz Pardo ata o 26 de xullo.
TURISMO
O Grupo de Cidades Patrimonio aproba unha campaña promocional dirixida ao mercado nacional que arrinca este mes de xuño
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, participou na Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, reunida este xoves de forma telemática. Na xuntanza aprobouse a posta en marcha dunha campaña publicitaria dirixida ao mercado nacional que se vai a desenvolver de xuño a decembro de 2020.
IGUALDADE
Unha nova xornada en liña de "Artellando Feminismo" aborda este xoves os estereotipos de xénero
A Concellaría de Políticas de Igualdade ofrece este xoves, de 19:00 a 20:30 horas, unha nova entrga do programa Artellando Feminismo cunha xornada en liña, de 19:00 a 20:30 horas, na que se falará sobre estereotipos de xénero. A iniciativa seguirá durante este mes de xuño con dúas novas xornadas os días 11 e 18.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais imparte un Curso de Especialización Instrumental dirixido a estudantes de grao medio ou superior
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, organiza unha nova edición do Curso de Especialización Instrumental 2020-2021. Esta iniciativa diríxese a estudantes de música de grao medio ou superior que desexen perfeccionarse nalgún destes instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo, frauta, óboe, clarinete, fagot, trompa, trompeta, trombón ou percusión.