EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O concelleiro de Educación visitou as obras de mantemento realizadas no CEIP Monte dos Postes
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou esta mañá o CEIP Monte dos Postes para comprobar o resultado das obras realizadas durante este Nadal, que incluían obras de mantemento e de acondicionamento da biblioteca do centro.
CONSORCIO
A mezzosprano británica Claudia Huckle canta este xoves coa Real Filharmonía a "Sinfonía nº 3" de Mahler
A Real Filharmonía de Galicia celebra este xoves, 12 de xaneiro, o seu concerto semanal de abono na súa sede, o Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. A batuta levaraa o director titular e artístico da agrupación, o mestre Paul Daniel.
TURISMO
Santiago recibirá en Fitur o recoñecemento á cidade española con mellor reputación on line
A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, presentou as principais accións que Turismo de Santiago desenvolverá en Fitur, que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro. Fitur é a principal feira turística española. Na edición do ano pasado participaron máis de 230.000 persoas, das cales máis de 120.000 foron profesionais do sector. Do 18 ao 20, a feira estará reservada ao público profesional e os días 21 e 22 abrirase ao público xeral.
CONSORCIO
O Consorcio remata a obra de eliminación de humidades na escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego
O Consorcio de Santiago vén de rematar a obra de eliminación de humidades que afectaban á escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego. O orzamento global desta intervención ascendeu aos 44.165 euros.
NADAL
Éxito de participación nas actividades de Nadal, con preto de 30.000 asistentes á Cabalgata de Reis
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, fixo durante o día de hoxe un balance do que foron as actividades programadas polo Concello durante este Nadal. Unha programación transversal na que participaron os departamentos de Acción Cultural, Centros Socioculturais, Comercio, Deportes, Mocidade,Turismo ou Medio Ambiente, entre outros.
PISTA DE XEO
A pista de xeo da Alameda permanecerá aberta ata o domingo 22 de xaneiro
A pista de xeo instalada na Alameda estará aberta unha semana máis, prolongando a súa permanencia ata o domingo 22 de novembro.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Goberno local requírelle información a Valoriza sobre a situación do persoal do Servizo de Axuda no Fogar
O Goberno local envioulle un escrito á empresa concesionaria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), Valoriza, no que se lle solicita aclaración sobre a situación sociolaboral das auxiliares que prestan este servizo no Concello de Santiago. Este luns, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, estivo hoxe con este persoal, co que mañá martes manterá unha xuntanza.
ALCALDÍA
A campaña "Teño un Museo" busca captar novos socios e socias para o Museo do Pobo Galego
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado do presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, e do fotógrafo e representante dos socios e socias da entidade, Tino Viz, deu a coñecer a campaña Teño un museo, que leva desenvolvéndose dende o pasado mes de xuño e que agora se estende a toda a sociedade.
LINGUA
Agasallos para as nenas e nenos de 5º de infantil do CEIP Quiroga Palacios pola súa implicación no certame de Cartas do Nadal
Este luns, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañou o Apalpador na súa última visita deste Nadal. Foi unha parada especial no CEIP Quiroga Palacios para agasallar as nenas e nenos da aula de 5º de infantil.
TURISMO
Santiago, a cidade con mellor reputación on line de España
O buscador de hoteis trivago.es vén de publicar o ranking de reputación on line das principais cidades do mundo, a partir de todas as opinións ofrecidas por viaxeiros ás que ten acceso este portal, máis de 200 millóns procedentes de máis de 200 portais de reserva. Santiago de Compostela, con 83,72 puntos sobre 100, é a cidade española con mellor reputación e sitúase no posto 37 a nivel mundial.