ALCALDÍA
Diminúen os delitos rexistrados en Santiago
No primeiro semestre do ano baixaron os delitos rexistrados en Santiago, segundo se puxo de manifesto na Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe. Na reunión analizáronse os dispositivos de seguridade previstos para os días 24 e 25 de xullo, días grandes das festas do Apóstolo.
ALCALDÍA
O Multiúsos de Sar volve ao circuíto dos grandes concertos coa actuación de Tribalistas o 26 de outubro
O Multiúsos de Sar será escenario o 26 de outubro dun dos tres concertos que Tribalistas ofrecerá en España dentro da súa xira europea. O espectáculo suporá o regreso dese espazo ao circuíto dos grandes eventos musicais, unha liña de traballo que o Goberno local vén impulsando dende hai meses. O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe o concerto, nunha rolda de prensa na que tamén participaron os representantes das empresas promotoras: Vítor Belho, de Nordesía Produccións, e Mercedes...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Publicadas as listas provisionais de admitidos/as na Escola Municipal de Música para o curso 2018/19
Unha vez finalizado o período de preinscrición para novo alumnado na Escola Municipal de Música para o curso 2018-2019, e realizadas as comprobacións pertinentes no Padrón municipal, este xoves celebrouse o sorteo de varias especialidades da escola. Como resultado deste sorteo, elaborouse a lista provisional de admitidos/as que se adxunta.
XUNTA DE GOBERNO
Nova convocatoria de residencias para proxectos de artes escénicas na Sala Agustín Magán
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a convocatoria de residencias de creación artística e estadías técnicas na Sala Agustín Magán para proxectos de artes escénicas no curso 2018-2019. Trátase da terceira edición desta convocatoria, que está a ser moi ben acollida por compañías e creadores de toda Galicia.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local abre un novo expediente á planta de tecnosolos de Miramontes
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, asinou hoxe un decreto polo que se inicia o procedemento de declaración de ineficacia da comunicación previa de inicio de actividade na planta de tecnosolos de Miramontes. A apertura deste expediente prodúcese no mesmo día no que a Xunta de Goberno acordou sobreseer o procedemento de revogación da licenza de obras das instalacións "ante o perigo de que o expediente caducara antes de que a Xunta pechara as accións que ten en marcha en...
FESTAS
Sorteados os convites para presenciar o espectáculo dos Fogos do Apóstolo
Xa se coñecen os nomes das 25 persoas gañadoras dos convites dobres para presenciar, cos/coas seus/súas acompañantes, o espectáculo dos Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos. Estas 50 persoas tamén poderán asistir ao concerto previo da Real Filharmonía de Galicia.
JUNTA DE GOBIERNO
Iniciado el procedimiento de licitación de la oficina técnica del proyecto Smartiago
La Junta de Gobierno acordó hoy iniciar el procedimiento de adjudicación del servicio de la oficina técnica del proyecto Smartiago. El contrato tendrá un tipo de licitación de 565.000 euros, IVA incluido. De esa cantidad, el 80% procederá de fondos europeos FEDER. El proyecto Smartiago se basa en el fomento de la compra pública innovadora, y el Ayuntamiento de Santiago tiene captados cinco millones de euros para el programa, en virtud del convenio firmado con el Ministerio de Economía.
MEDIO AMBIENTE
Vite estrea unha renovada área de xogos infantís no parque Pablo Iglesias
A área de xogos infantís do parque Pablo Iglesias, en Vite, presenta nova imaxe. O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, visitou hoxe a zona, que vén de ser renovada cun investimento de case 80.000 euros.
FESTAS
O Observatorio da Nova Diáspora Galega, ONDA, bota a andar ao abeiro das festas do Apóstolo
O Centro Cívico do Romaño acollerá os días 20, 21 e 22 de xullo, no marco das festas do Apóstolo, o programa ONDA, o Observatorio da Nova Diáspora. Trátase dun proxecto que pretende "dar a coñecer e poñer en valor o traballo dos creadores e creadoras galegas que viven fora de Galicia, dándolles voz aos/ás novos/as emigrantes".
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle unha mostra do escultor "Francés" que rende homenaxe á muller, criticando o machismo da sociedade actual e a cultura xaponesa
A Casa do Cabido acolle a exposición Compostelaneando a miña fauna. Muller, Xapón, Cacto…, que reúne pezas en pequeno formato do escultor José Francisco López Noya, máis coñecido como "Francés". Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega. Ao acto asistiron, ademais do propio artista, a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; e o responsable de Exposicións do organismo interadministrativo, Juan Conde.