COMERCIO
O barrio de San Pedro celebra a I Semana da Novela Negra
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou ese mércores a primeira edición da Semana da Novela Negra, que se celebrará no barrio de San Pedro entre o venres 6 e o domingo 15 de abril. "A proposta -tal e como sinalou Lois- é unha das accións resultantes da edición pasada do programa Con B de Barrio. Por iso na rolda tamén estivo Chus Costoia, de Libraría Pedreira.
ACCIÓN CULTURAL
A poesía desprega o seu osíxeno en Compostela coa primeira edición do festival "Alguén que Respira!"
Santiago de Compostela consolídase no centro da poesía en Galicia con Alguén que Respira!, primeira edición do Festival de Poesía para Corpo Principal que organiza o Concello compostelán coa colaboración da Secretaría Ceral de Política Lingüística. Así o presentaron esta mañá en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e o poeta e director artístico do...
DEPORTE
Preto de 300 escolares participarán este sábado na Concentración de Escolas Galegas de Rugby
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá a concentración de escolas de rugby de Galicia, que terá lugar este sábado en Santa Isabel. Na rolda estivo acompañada por Betty Álvarez, presidenta da Asociación Valentes; María Esperanza Fernández, representante do CDU Rugby Santiago Veteranos, e José Pérez de Vallejo, presidente do Santiago Rugby Club.
CONSORCIO
A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece un concerto benéfico a favor de Aldeas Infantís este venres en Vigo
A Orquestra da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, ofrece este venres, 16 de marzo, un concerto benéfico en Vigo a favor de Aldeas Infantís SOS Galicia, de axuda á infancia. A cita será no Teatro Afundación ás 20:00 horas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Preto de 500 escolares participan no 8º Ciclo de Sesións Didácticas da Escola Municipal de Música
A pasada semana comezou o 8º Ciclo de Sesións Didácticas que a Escola Municipal de Música (EMM) de Santiago realiza nos centros de ensino de educación infantil e primaria de Compostela. Quen é quen: os instrumentos que viven na EMM é o título deste programa, que se desenvolverá ao longo dos meses de marzo e abril e no que está prevista a participación de máis de 500 escolares.
TURISMO E ESPAZOS CIDADÁNS
O aluguer turístico xera na cidade máis de oito millóns de euros sen fiscalizar
Os concelleiros de Turismo e de Espazos Cidadáns, Marta Lois e Jorge Duarte, presentaron este martes os principais resultados do estudo sobre a situación do aluguer turístico que se elaborou dende o Concello ao longo do 2017.
CENTROS CÍVICOS
Fran Lareo expón no Romaño as súas esculturas en pequeno formato
O Centro Cívico do Romaño acolle ata o 28 de marzo unha exposición de esculturas en pequeno formato do artista Fran Lareo. Baixo o título Seguimos imaxinando, a mostra exhibe 15 pezas realizadas cun material que o propio autor prepara e adapta no seu taller, situado en Santa Minia (Brión).
CONSORCIO
O violoncellista canario Ángel Luis Quintana, solista da Orquesta Nacional de España, formará a músicos/as galegos/as
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido violoncellista canario Ángel Luis Quintana. Ademais dos alumnos e alumnas da Escola, tamén poden asistir músicos/as externos/as ao centro.
MOCIDADE
Alumnado do IES Xelmírez I traballa sobre a violencia de xénero a través da técnica do teatro-foro
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, visitou esta mañá unha das actividades do "Teatro-Foro" posto en marcha polo Concello en varios centros de Compostela. En total serán arredor de 130 alumnos e alumnas os que traballen sobre varias temáticas a través desta novidosa actividade.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os institutos de Santiago traballarán sobre o Banquete de Conxo durante os meses de marzo e abril
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta esta mañá dunha nova programación didáctica elaborada dentro da colección Coñecer Santiago, cidade educadora, que elabora este Departamento municipal.