COMERCIO
O Concello pon en marcha a campaña de promoción do comercio de proximidade "Este nadal agasalla deseño"
O departamento de Comercio do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración coa Asociación Ourives de Compostela, dada a sigularidade da Ourivaría co seu lugar destacado na historia da cidade, pon en marcha a partir de hoxe e ata o 5 de xaneiro, a campaña "Este Nadal regala deseño" co obxetivo de fomentar as compras no comercio de proximidade. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou a campaña esta mañá acompañado do presidente de Ourives de Compostela, Arturo Ouro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O luns 14 abre o prazo para preinscrición nas novas actividades de centros socioculturais
Seguindo cos procedementos habituais de renovación e preinscrición de participantes nas actividades regulares 2021 dos centros socioculturais, naquelas onde hai prazas dispoñibles e nas de nova creación, abrése o prazo de apuntamento a partir do luns 14 e ata o dia 28 de decembro de 2020.
ALCALDÍA
O informe da Conferencia de Alcaldes do Eixo Atlántico recolle as iniciativas das cidades para afrontar a situación post-COVID e refrenda o liderado municipal
O Concello de Santiago acolleu esta mañá a presentación do informe elaborado trala Conferencia de Alcaldes, organizada polo Eixo Atlántico, e que se celebrou en Pontevedra o pasado 17 de setembro. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, estivo acompañado polo coautor do informe, Xosé Luis Méndez Romeu, e polo secreratario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.
TURISMO
O concelleiro de Turismo visita o belén de San Fiz
O concelleiro de Turismo e Relacións Institucionais, Gumersindo Guinarte, visitou esta mañá o belén da igrexa de San Fiz de Solovio, acompañado polo chanceler secretario do Arcebispado de Santiago, Elisardo Temperán; a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; o belenista José Uzal e os membros do Consello de Administración de Turismo de Santiago Marta Lois e José Antonio Constenla; así como a súa xerente, Flavia Ramil.
ACCIÓN CULTURAL
A Deputación apoia con 200.000 euros a programación de actividades do Auditorio de Galicia
A concelleira de Acción Cultural do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron esta mañá o convenio de colaboración entre ambas entidades acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto.
ALCALDÍA
Publicadas no BOP as bases para as axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe publicáronse as convocatorias e as bases reguladoras para o outorgamento de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural.
MOCIDADE
A Concellería de Mocidade organiza catro actividades específicas para a xuventude dentro do programa de Nadal
O concelleiro de Mocidade, Rubén Prol, deu conta en rolda de prensa da programación específica que o programa de Nadal 2020 do Concello contempla para a xuventude de Compostela. Son catro actividades de temática variada e para todos os gustos, dende un obradoiro de cociña ata un xogo de rúa pola cidade histórica.
FESTAS
O Mercado da Estrela volve o 18, 19 e 20 de decembro con novos espazos que redescubrir na cidade e unha ampla e atractiva programación musical
O concelleiro de Festas Gonzalo Muíños e a directora do Mercado da Estrela, Mónica Mejías deron conta esta mañá dunha nova edición do festival do talento galego, que se celebrará na nosa cidade os días 18, 19 e 20 de decembro.
COMERCIO
O Concello achega 30.000 euros a Área Central para actividades de dinamización comercial
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá o convenio de colaboración co representante da comunidade de propietarios do Centro Comercial Área Central, Francisco Javier Suárez-Vence, para o desenvolvemento das actividades de dinamización comercial deste 2020, entre elas as de Nadal.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Os Premios Youtubeir@s entregan os galardóns dunha cuarta edición marcada pola consolidación ao duplicar a participación de vídeos e creadoras
Os IV Premios Youtubeir@s xa teñen gañadoras e gañadores. Neste 2020, no que se rexistrou a máxima participación ao pasar de 240 vídeos inscritos en 2019 a un total de 536, a gala de entrega está a ser substituída -debido a situación sanitaria- pola emisión dunha serie de entrevistas con finalistas e gañadoras conducidas por Lucía Aldao e María Lado. Se a semana pasada puidemos escoitar a diferentes finalistas, nos vindeiros días emitiranse tamén por Youtube as conversas coas propostas...