ACCIÓN CULTURAL
Concerto da Banda Municipal con dous alumnos do Conservatorio Profesional
A Banda Municipal de Música ofrece este domingo un novo concerto, desta vez acompañada por dous solistas de excepción, Ismael Azidane e Marta Fernández, alumnos do Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela . A cita é ás 12:00 horas no Teatro Principal, con entrada de balde ata esgotar o aforo.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a apertura de prazos de solicitude de matrícula nas escolas infantís municipais
A Xunta de Goberno aprobou este venres unha proposta do concelleiro delegado de Educación e Cidadanía, relativa á aprobación da apertura de prazos de admisión e matrícula nas escolas infantís municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. O alumnado actual terá que facer a reserva de prazas entre os días 1 e 10 de marzo, mentres que as solicitudes de novos ingresos serán tramitadas do 15 de marzo ao 15 de abril, no Rexistro Xeral do Concello en Galeras, ou no Rexistro Auxiliar do Centro...
ACCIÓN CULTURAL
Uxía canta a Manuel María no Principal
Uxía canta a Manuel María é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega. Poderemos escoitalo o vindeiro luns 22 de febreiro, ás 20:30 h no Teatro Principal nun acto co que se abren os dedicados ao Día das Letras Galegas, que ten como protagonista ao poeta Manuel María.
ECONOMÍA E FACENDA
A concelleira de Facenda reunirase o martes coa Asociación de Familias Numerosas para explicarlles as bonificacións fiscais
A ordenanza para 2016 é moito máis vantaxosa que a de cidades como Vigo e A Coruña. Ademais, este ano existe a oportunidade de bonificar entre o 65 e o 90%, bonificación que o ano anterior non se contemplaba.
TURISMO
Asinado un convenio para garantir o funcionamento do Botafumeiro da Catedral todos os venres do ano
O Botafumeiro da Catedral de Santiago funcionará todos os venres do ano, na misa do peregrino que se celebra ás 19:30 horas. É o obxectivo do convenio de colaboración que hoxe asinaron Turismo de Santiago, Hostalería Compostela, a Cámara de Comercio e a Catedral.
ESPAZOS CIDADÁNS E MOBILIDADE
O concelleiro de Espazos Cidadáns participa nas II Xornadas de Mobilidade Sostible
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, participou durante a mañá deste venres na II Xornada de Mobilidade Sostible, celebrada en Madrid. No encontro tamén participaron os concellos de Oviedo, Zaragoza, Barcelona, Badalona, Valencia, Cádiz, A Coruña, Madrid e Pamplona.
CONVIVENCIA
A Policía Local recibiu a medalla do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participou no acto de entrega das medallas do Colexio de Avogados de Santiago, celebrado no Hostal dos Reis Católicos con motivo da celebración da festividade de San Raimundo de Peñafort. Unha das distincións foi para a Policía Local de Santiago.
TURISMO
As cidades Patrimonio da Humanidade promociónanse no mercado alemán
Santiago de Compostela e as outras 14 cidades españolas Patrimonio da Humanidade, tras a súa recente presenza nas feiras de Utrecht (Países Baixos) e Bruxelas (Bélxica), continúan a súa promoción no norte de Europa de acordo ao Plan Operativo 2016, aprobado pola Asemblea de Alcaldes o pasado 22 de xaneiro en Fitur. Desta forma, desde onte e ata o próximo 21 de febreiro, o Grupo está presente na Feira Reisen de Hamburgo, a feira da industria turística máis importante do norte de Alemaña, que se celebra neste ...
CONVIVENCIA
Remata o prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de residente por razón de municipio
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia lembra que o vindeiro sábado, 20 de febreiro, remata o prazo para aboar a taxa anual correspondente a 2016 das tarxetas de residente por razón de municipio.
CONVIVENCIA
A Policía Local organiza unha charla sobre os sistemas de retención infantil
A Policía Local quere concienciar aos pais da importancia de utilizar de xeito correcto os sistemas de retención infantil nos vehículos. É por iso que ven de organizar unha charla-obradoiro no centro de saúde de Fontiñas a próxima semana. A coordinadora do Departamento de Educación Viaria da Policía Local, Diana Parente, foi a encargada de presentar esta actividade, que se desenvolverá o luns, en horario de 10:00 a 12:00, e o martes, de 17:00 a 19:00 horas. A charla correrá a cargo da especialista en puericultura...