DEPORTES
Alta participación no I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago
O I Torneo de Xadrez Cidade de Santiago, celebrado o pasado 16 de setembro no Centro Comercial Área Central, reuniu a preto de 200 participantes procedentes de toda Galicia.
CONVIVENCIA
O Colecamiños do CEIP Ramón Cabanillas bota a andar coa participación de máis de 30 nenos e nenas
O proxecto de Camiño Escolar Seguro, Colecamiños, chegou hoxe ao CEIP Ramón Cabanillas do Castiñeiriño, coa participación de máis de 30 nenos e nenas. Despois de varias xuntanzas informativas e de facer probas nas propias rutas o pasado venres, hoxe foi a primeira xornada de funcionamento normalizado nos tres itinerarios deseñados para o centro. Tanto as nais e pais como o alumnado mostraron unha grande ilusión por participar no proxecto, que xa funciona con éxito nos colexios Pío XII e Raíña...
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago remata as obras no claustro da Colexiata de Sar
O Consorcio de Santiago acaba de rematar a obra de aplicación de revocadura de saneamento nos paramentos interiores do claustro da Colexiata de Sar. A firma que se encargou da intervención foi a Unión Temporal de Empresas SAR, por un importe global de 46.645,17 euros.
XUNTA DE GOBERNO
Iniciada a licitación da área de xogos de Outeiro de Sar
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a apertura do procedemento de adxudicación do subministro e instalación de elementos novos da área de xogos infantil do parque de Outeiro de Sar. Nesta actuación vanse investir máis de 145.000 euros.
CULTURA
Teatro e humor no Centro Sociocultural de Conxo
O Centro Sociocultural de Conxo acolle este sábado 23 de setembro, ás 19:00 horas, a representación da obra Solo ante La Peligros, de Lucas Herrador, por parte do grupo de teatro Medio Güevo.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno inicia o procedemento para adxudicar a instalación da pista de xeo nos dous próximos Nadais
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o inicio do procedemento de licitación para a adxudicación da autorización da ocupación temporal da Alameda para a instalación da pista de patinaxe sobre xeo nas dúas próximas campañas de Nadal. Ao tempo, aprobouse o prego que rexerá a licitación, para a que se establece un canon mínimo de saída á alza de 2.000 euros.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi ao alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires
O alcalde, Martiño Noriega, xunto a representantes dos grupos da Corporación municipal, recibiu no salón nobre de Raxoi unha representación dos alumnos e alumnas do Instituto Santiago Apóstol, de Bos Aires.
MOBILIDADE
Continúan esta fin de semana as actividades pola Semana Europea da Mobilidade
As actividades da Semana Europea da Mobilidade continúan este sábado e domingo, tendo como protragonistas centrais os máis pequenos e as actividades relacioandas coa bicicleta. As accións están deseñadas para sensibilizar á veciñanza sobre a necesidade de facer de Santiago unha cidade accesible.
ACCIÓN CULTURAL
A concelleira Branca Novoneyra reincorpórase á actividade municipal
A concelleira de Acción Cultural compareceu hoxe ante os medios de comunicación para informar da súa plena reincorporación á actividade municipal despois de ter superado unha grave enfermidade. Branca Novoneyra estivo acompañada polo alcalde, Martiño Noriega, que mostrou a satisfacción do Goberno polo regreso da edil, "tanto pola alegría que supón a súa recuperación física, como polo que suporá para a dinámica do traballo".
MOBILIDADE
Santiago de Compostela celebra este venres o Día Internacional sen Coches
Santiago vai celebrar mañá venres o Día Internacional sen Coches, dentro da Semana Europea da Mobilidade. Ao longo de toda a xornada, o autobús urbano será de balde para todos os usuarios e usuarias.