DEPORTE
Recepción á selección de fútbol sala de Turkmenistán
O alcalde, Martiño Noriega, presidiu hoxe a recepción aos xogadores e corpo técnico da selección de fútbol sala de Turkmenistán. O equipo atópase en Compostela para disputar mañá un partido amigable co Santiago Futsal. No acto tamén participou o presidente do club compostelán, Ramón García.
TRÁFICO
A Policía Local súmase á campaña da DXT para o control da velocidade
A Policía Local de Santiago volve sumarse á campaña especial sobre vixilancia e control de velocidade da DXT. Haberá controis de velocidade nas principais vías urbana entre este luns 21 de agosto e o domingo 27.
ALCALDÍA
O alcalde sumouse á homenaxe a Ánxel Casal
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou hoxe na homenaxe a Ánxel Casal celebrada en Teo, cando se cumpren 81 anos do fusilamento do que fora rexedor de Compostela.
REPULSA
A praza do Obradoiro queda en silencio contra a barbarie terrorista
Ducias de persoas sumáronse aos cinco minutos de silencio convocados polo Concello de Santiago na praza do Obradoiro en repulsa polos atentados terroristas das últimas horas en Cataluña, primeiro en Barcelona e despois na localidade tarraconense de Cambrils. O alcalde, Martiño Noriega, encabezou a concentración, na que tamén participaron concelleiros e concelleiras dos catro grupos políticos municipais.
MEDIO AMBIENTE
O CIAC programa en setembro un obradoiro de lectura de etiquetas e un roteiro polas Brañas do Sar
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) realizará no mes de setembro un obradoiro para a lectura de etiquetados e un roteiro interpretativo polas Brañas do Sar.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba novos proxectos para a súa inclusión na EDUSI
A Xunta de Goberno aprobou hoxe dous novos proxectos que lle serán remitidos ao Ministerio de Facenda, para á súa inclusión na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado de Santiago. Trátase dun programa de sensibilización social e igualdade entre mulleres e homes, e dun plan de accesibilidade universal.
ACCIÓN CULTURAL
O espectáculo "Voos" abre a programación de teatro e danza do Auditorio para a volta do verán
Inspirada polo xenio creativo e revolucionario de Leonardo Da Vinci, a prestixiosa compañía Aracaladanza leva ao escenario do Auditorio de Galicia unha fermosa proposta onírica que convida ao público a abrir as ás e voar. Voos é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar que pretende, a dicir dos seus creadores, "deleitar os sentidos e convertelos, ao tempo, en ferramentas subversivas coas que cambiar o mundo". Chega a Santiago nunha única función programada o...
EMPREGO
Segue o acondicionamento do contorno do río Sar grazas a un novo obradoiro de emprego xuvenil
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo presentou hoxe o Obradoiro de Emprego Ecotur Xuvenil III, que permitirá acondicionar un novo tramo das ribeiras do río Sar, desta vez no barrio de Conxo. Marta Lois mostrou a súa satisfacción por "seguir poñendo en marcha iniciativas que, dunha banda, permiten ofrecer unha oportunidade formativa e laboral aos mozos e mozas, ao tempo que contribúen á mellora do noso patrimonio natural e histórico".
CONSORCIO
O Consorcio adxudica a obra de limpeza e restauración do balcón do claustro do convento do Carme
A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago acaba de adxudicar a obra de limpeza e restauración do balcón do claustro do convento do Carme, situado na rúa de Santa Clara, á empresa Ábaco CR, S.L., por un importe global de 44.019,88 euros.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello recibe 1,4 millóns de euros para actuacións nas Áreas de Rehabilitación Integral
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, deu conta hoxe da asignación a Compostela dun total de 1,4 millóns de euros para as catro Áreas de Rehabilitación Integral (ARI’s) cos que conta a cidade: Pontepedriña, Vite, Casco Histórico e Vista Alegre.