CONVIVENCIA
O túnel do Hórreo acolleu un simulacro de accidente
O túnel do Hórreo foi escenario dun simulacro de accidente no seu interior. Os exercicios de adestramento realizáronse entre a 01:09 e as 02:00 horas da madrugada. Neste simulacro participaron equipos de Bombeiros, Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella, 061 e da empresa adxudicataria do mantemento do túnel.
ACCIÓN CULTURAL
Peter Greenaway, protagonista da xornada inaugural de Curtocircuíto
O cineasta británico Peter Greenaway será o protagonista do fin de semana inaugural de Curtocircuíto, e terá a súa primeira cita o vindeiro sábado 30 de setembro no Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro) ás 18:00 horas, cunha proxección na que presentará as súas pezas Intervals (1969), H is for House (1973), Water wrackets (1975) e A walk through H: The reincarnation of an ornithologist (1978). A continuación, o director participará nun coloquio co.../em>/em>
MOBILIDADE
A Alameda acolle unha exposición de vehículos eléctricos no marco da Semana da Mobilidade
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, visitou a exposición de vehículos eléctricos que organizaron as empresas da cidade Caeiro, Yáñez, Compostela Concesionario e Vectia no marco da Semana da Mobiidade. A mostra está aberta hoxe martes na Alameda de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
DEPORTE
A XVI Andaina Solidaria ao Monte Pedroso reunirá fondos para proxectos solidarios en Níxer
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou a XVI Camiñada ao Pedroso, unha andaina solidaria a beneficio de Unicef que se celebrará o domingo 1 de outubro ás 10:00 horas, con saída da praza do Obradoiro e chegada á Granxa do Xesto. Na rolda de prensa tamén participaron Iñaki Bilbao, presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, e Irene Marín, en representación de Unicef en Santiago.
ALCALDÍA
A Festa do Ensanche consolídase e amplía ata tres os días de actividades
A festa Máis de 55 anos vivindo o Ensanche consolídase nesta terceira edición e amplía ata tres os días de actividades. O alcalde presentou hoxe a programación, acompañado do presidente da Asociación de Veciños Raigame, Xaquín Mato; do secretario de Santiago Centro, Delmiro Prieto; e da presidenta de Em-Rede, Eva López. A festa celebrarase os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro.
CONSORCIO
Sabela García Fonte, nova directora técnica da Real Filharmonía de Galicia
O Consorcio de Santiago acaba de publicar a resolución do proceso selectivo para a provisión da praza de director/a técnico/a da Real Filharmonía de Galicia (RFG). Sabela García Fonte foi finalmente a seleccionada entre o total de 11 aspirantes que se presentaron á convocatoria.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais logra cubrir case todas as prazas ofertadas para o Curso de Posgrao de Especialización Orquestral
O Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago de Compostela. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.
TURISMO
As Cidades Patrimonio, na Feira JATA de Tokio
O grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade estivo presente na Feira JATA 2017, celebrada en Tokio (Xapón) do 21 ao 24 de setembro. Esta é a feira de turismo máis importante do país nipón. Santiago de Compostela puido promocionarse xunto co resto de Cidades Patrimonio dentro do stand de Turespaña.
MOBILIDADE
Roteiros en cadeiras de rodas para reivindicar "unha cidade accesible para toda a cidadanía"
O próximo mércores, 27 de setembro, celébrase o Día da Accesibilidade dentro da Semana da Mobilidade, e o Concello e Cogami queren aproveitar a data para reivindicar "un modelo de mobilidade que sexa igual para toda a cidadanía, independentemente das súas condicións físicas". Así o explicou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, na rolda de prensa na que presentou as actividades e na que estivo acompañado por Susi Pérez, representante da...
FACENDA
Comeza a fase de votación dos orzamentos participativos cun total de 133 propostas
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deu conta esta mañá do comezo da última fase dos orzamentos participativos de 2018, cuxo período de votación estará aberto ata o vindeiro 15 de outubro. A veciñanza pode decidir en que se invisten 1,5 millóns de euros de orzamento municipal, dividido en catro zonas da cidade e en actividades para festas do Apóstolo 2018 e mocidade.