IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este luns na localidade de San Isidro (Tenerife).
IGUALDADE
"Contra a violencia, educación", lema central do manifesto municipal con motivo do 25N
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá o acto principal do Concello de Santiago con motivo da celebración do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A Corporación presidiu esta cerimonia, na que se leu un manifesto institucional e na que diversos centros escolares representaron proxectos realizados para a ocasión dentro dun certame organizado polo Concello.
ALCALDÍA
O alcalde clausurou o acto de entrega de diplomas do programa "Social Media, Marketing dixital e Emprendemento"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na entrega de diplomas ao alumnado do "Programa social media, marketing dixital e emprendemento", organizado pola Fundación INCYDE e a Cámara de Comercio no Viveiro de Empresas de Costa Vella, e no que colabora o Concello compostelá. O rexedor felicitounos, e destacou a colaboración que o Concello mantén co órgano cameral. "Estamos moi contentos do labor que se vén desenvolvendo", dixo, engandindo que "vivimos nun tempo no que calquera...
XUNTA DE GOBERNO
O Concello reparte 250.000 euros entre os clubs deportivos federados
A Xunta de Goberno celebrada este luns aprobou a resolución definitiva da convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado. Ademais, aprobouse a adscrición temporal á USC do inmoble ocupado actualmente pola Facultade de Odontoloxía por un prazo de 15 anos.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pon en directo a banda sonora ao filme mudo "A caída da casa de Usher" no marco de Cineuropa
No marco da 33ª edición do Festival Cineuropa, este xoves, 28 de novembro, proxectarase o filme A caída da casa de Usher (1928), de Jean Epstein. Será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. A Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora. A batuta levaraa o director madrileño José Antonio Montaño, no que será o seu debut coa orquestra.
SEGURIDADE CIDADÁ
Entregados os carnés ás novas voluntarias e voluntarios de Protección Civil de Santiago
O salón nobre do Pazo de Raxoi acolleu o acto de entrega de carnés aos novos 20 voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Santiago. A cerimonia estivo presidida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, e polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
TURISMO
Unha nova mouteira do Camiño en Pistoia reforza os lazos de Compostela coa cidade italiana
O concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo de Santiago de Compostela, Sindo Guinarte, asistiu na praza do Duomo de Pistoia á colocación dunha mouteira, que sinala os 2.505 quilómetros que separan ambas cidades e reforza os lazos do Camiño de Santiago coa localidade italiana. No acto tamén estiveron presentes a comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira; o alcalde de Pistoia, Alessandro Tomasi; o bispo da localidade, Fausto Tardelli; e a prefecta da provincia de Pistoia, Emilia Zarrilli.
ALCALDÍA E IGUALDADE
A campaña "En negro contra as violencias" suma xa 138 concellos e tres deputacións
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Igualdade, Noa Díaz, participaron en Lugo no acto de sinatura do convenio de colaboración entre concellos "En negro contra as violencias", dentro dos actos con motivo do 25N, Día internacional contra a violencia de xénero. A campaña chega este ano a 138 concellos e tres deputacións provinciais.
ALCALDÍA
O Concello inicia a busca de solucións innovadoras para as futuras licitacións en mobilidade, xestión de residuos e alumeado
O Hostal dos Reis Católicos acolle este xoves a Xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Smartiago. Esta Consulta Preliminar ten o obxectivo de recompilar a información necesaria en canto a solucións innovadoras para preparar os futuros pregos de licitación nos tres ámbitos que comprende o proxecto: mobilidade, xestión de residuos e limpeza viaria e alumeado ornamental. O Smartiago, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de.../em>
EDUCACIÓN
Inaugurado o simposio "O libro e a lectura"
A concelleira de Educación, Noa Díaz, asisitiu á inauguración do simposio O libro e a lectura, da Asociación Galega de Editoras, que se celebra este xoves e mañá venres no auditorio do Consello da Cultura Galega. "O libro educativo na era dixital" é o tema desta edición do encontro, que reune diferentes expertos e promotores da edición de libro educativo coa finalidade de ofrecer formación sobre a actualidade ao sector e ao público en xeral. No acto inaugural tamén participaron a...