ECONOMÍA
As modificacións da ordenanza de xestión, que mañá irán a pleno, introducen o pago fraccionado de ata nove cotas en distintos tributos municipais
A concelleira de Economía, Facenda, Persoal e Modernización da Administración Local, Marta Abal, informou hoxe sobre as modificacións na "Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público", que introduce o pago fraccionado de ata nove cotas de distintos tributos. Estas modificacións levaranse Ao pleno ordinario que se celebrará mañá, xoves.
FESTAS
O Mercado da Estrela festexa o seu 10ª Aniversario entre o 16 e o 19 de decembro
O concelleiro de Festas Gonzalo Muíños e a directora do Mercado da Estrela, Mónica Mejías deron conta esta mañá dunha nova edición do festival do talento galego, que festexando o seu 10º Aniversario, se celebrará en Santiago de Compostela dende o xoves 16 ata o domingo 19 de decembro. Na rolda de prensa estiveron acompañados da xerente de Turismo de Santiago Flavia Ramil, a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro e o delegado comercial de Estrella Galicia, Guillermo...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a adxudicación das obras do muro do Pombal
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, adxudicou o contrato que ten por obxecto a "execución das obras definidas no proxecto denominado "Remate do tratamento arquitectónico do límite leste da Alameda (Muro do Pombal Fase I)" a favor da UTE constituída polas empresas Alcomte Galicia S.L. e Obras y viales de Galicia SL "UTE Muro do Pombal", por un importe de 333.619,08 euros. Os traballos afectan á parte do muro de titularidade municipal.
MEDIO RURAL
O Plan Único da Deputación e o Concello de Santiago suman forzas para ampliar a ponte da Ruta da Prata na Cañoteira
A colaboración entre o ente provincial e o Concello tamén permitirá levar a cabo un importante investimento de 459.717 euros para pavimentar estradas de Pardiñas (Laraño) e construír unha senda peonil que conecte este núcleo poboacional coa marquesiña de autobús. As actuacións atópanse en fase de licitación ata o 14 de decembro.
SMARTIAGO
O proxecto Smartiago acada o primeiro premio dos Procura + Awards na categoría de Compra Pública de Innovación
O proxecto de CPI do Concello de Santiago acadou o primeiro premio dos Procura + Awards na categoría de Compra Pública de Innovación do Ano, onde superou ao proxecto BIM, presentado pola cidade de Praga, capital da República Checa, que se postulara co proxecto BIM (Building Information Modeling), que trata sobre a creación de innovación enerxética neta cero a través de adquisicións na construción.
SMARTIAGO
El proyecto Smartiago se alza con el primer premio de los Procura + Awards en la categoría de Compra Pública de Innovación
El proyecto de CPI del Ayuntamiento de Santiago se ha alzado hoy con el primero premio de los Procura + Awards en la categoría de Compra Pública de Innovación del Año, donde superó al proyecto BIM, presentado por la ciudad de Praga, capital de la República Checa, que se había postulado con el proyecto BIM (Building Information Modeling), que trata sobre la creación de innovación energética nieta cero a través de adquisiciones en la construcción.
IGUALDADE
Territorio das Mulleres reivindica Compostela como Espazo para as boas verbas a través dun poema de Sesé Mateo
Compostela, Territorio das Mulleres lanza a campaña "Espazo para as boas verbas", que emprega a poesía para reivindicar os establecementos e entidades adheridas ao proxecto como espazos luminosos e libres de violencia. Un poema de Sesé Mateo sinala dende hoxe os espazos que forman parte do Territorio das Mulleres, nunha actividade poética que se completará cun recital de Petronila Daza e Bea López Jerez o vindeiro sábado 27 ás 12h na Casa Xohana Torres.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o procedemento de inscrición nos programas de conciliación de Nadal nos CEIPS e no espazo de lecer María Miramontes
A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, aprobou a prórroga da autorización de venda ambulante de artesanía, ata o 12 de decembro de 2021, coa obriga por parte dos autorizados de manter o cumprimento dos requisitos establecidos nas bases para o exercicio da actividade. Tamén se deu conta de varios convenios, entre os que destacan os asinados polo concello de Santiago coa asociación "Compostela Monumental", por 31.000 euros, para levar a cabo un programa de reactivación económica das compras mediante a entrega de bonos de aparcadoiro; e...
CIDADES PATRIMONIO
Reyes Maroto anuncia un investimento de 45 millóns de euros nas Cidades Patrimonio
As 15 Cidades Patrimonio da Humanidade en España recibirán 45 millóns de euros do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para financiar proxectos sostibles de rehabilitación e mantemento de patrimonio histórico e cultural de uso turístico, segundo anunciou hoxe a ministra Reyes Maroto no acto de presentación do programa Impulsa Patrimonio en Baeza (Xaén), ao que asistiu o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. Cada cidade recibirá un máximo de 3 millóns de euros.
EMPREGO
Talentia Summit ‘21 celebra a súa primeira semana con máis de 37.000 usuarios activos
Talentia Summit ´21 chega ao seu ecuador con éxito de participación: máis de 37.000 usuarios activos na feira virtual, que continuará aberta ata o vindeiro venres 26 de novembro. Entrevistas con empresas, ofertas de emprego, cursos de formación en directo, webinars e a unidade de desenvolvemento profesional a un golpe de clic para reservar praza de balde.