MEDIO RURAL
As obras de ampliación da rede de saneamento en Ponte Alvar darán servizo a unha corentena de vivendas
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, vistou hoxe as obras de saneamento de Ponte Alvar, na parroquia de San Xoán de Fecha, que van dar servizo tanto a este núcleo poboacional como ao lugar de Albudiño, que contan, en conxunto, cunha corentena de vivendas.
MEDIO AMBIENTE
O Concello e Viaqua lanzan unha campaña para fomentar o consumo responsable para evitar situación de seca
O Concello de Santiago e Viaqua, como xestora dos servizos municipais de abastecemento de auga potable e rede de sumidoiros de augas residuais, fan un chamamento aos veciños e veciñas, así como a turistas e habitantes non empadroados/as que veñen gozar das súas vivendas neste período estival, para que tomen conciencia da necesidade de facer un consumo racional, axustado e solidario da auga.
ACCIÓN CULTURAL
O vindeiro sábado celebrarase a I edición do Fechiño, Festival Rupestre e de Proximidade
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Ramom Pinheiro Almuinha, director artístico de aCentral Folque, presentou esta mañá "O Fechiño", o Festival Rupestre e de Proximidade, que terá lugar o próximo sábado 6 de agosto na parroquia compostelá de San Xoán de Fecha.
MEDIO AMBIENTE
O Concello analiza as medidas do decreto de aforro e eficiencia enerxética aprobado esta semana polo Goberno Central
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou hoxe que se está analizando "en profundidade" o decreto de medidas de aforro e eficiencia enerxética, aprobado polo Goberno Central o pasado luns e publicado onte no BOE; e está previsto, subliñou que a partir do luns xa se adopte algunha resolución ao respecto.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
Hoxe arranca Contos no Parque, un ciclo gratuíto para os máis cativos, que se desenvolverá durante todo agosto
Todos os martes do mes de agosto, o parque de Bonaval acollerá Contos no Parque, unha proposta do departamento de Lingua do Concello de Santiago dirixida aos e ás máis pequenas da casa. As actividades do Apego saen fóra este mes para invitar á cativada a escoitar, participar e socializar en galego cada semana ás 18 h na zona dos arcos do parque de Bonaval.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada o pasado 29 de xullo en Santa Cruz de Tenerife, vítima de violencia machista
XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago cederá once pavillóns para aloxar, entre o 2 e o 7 de agosto, aos participantes na Peregrinación Europa de Xóvenes
O Concello cederá ao arcebispado de Santiago 11 pavillóns municipais para acoller a mocidade que participe na "Peregrinación Europea de Xóvenes -PEJ". O total a abonar polo uso das instalacións, conforme aos prezos públicos, será de 40.137,3 euros, segundo o acordado na Xunta de Goberno Local celebrada hoxe, da que informou, en rolda de prensa, o alcalde Sánchez Bugallo.
MEDIO AMBIENTE
O alcalde anuncia a concesión dunha subvención de 877.420 euros para a restauración do ecosistema fluvial do Sar na zona de Conxo
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou, durante a rolda de prensa de Xunta de Goberno, da concesión, ao Concello de Santiago, unha subvención de 877.420 euros, procedentes dos fondos Next Generation; "para a restauración do ecosistema fluvial, e creación dun bosque biosaudable no río Sar", na zona do banquete de Conxo.