ALCALDÍA
Recepción ao embaixador de Francia en España
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá o embaixador de Francia en España, Jean-Michel Casa, que asinou no Libro de Honra do Concello. No acto tamén estiveron presentes os voceiros municipais dos grupos socialista, popular e do BNG.
ALCALDÍA
O fotoxornalista Emilio Lavandeira, fillo adoptivo de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fixo entrega esta mañá do título de fillo adoptivo de Santiago á familia do fotoxornalista Emilio Lavandeira Prieto. Ao acto asistiron a súa viúva e os seus fillos, que estiveron arroupados por familiares, amigos, compañeiros de profesión e membros da Corporación.
ALCALDÍA
O Concello e a Deputación investirán 1,3 millóns na rehabilitación integral da Casa da Xuventude, que acollerá dependencias municipais, provinciais e para o uso da veciñanza
O Concello cederá á Deputación o uso do edificio por 25 anos para a súa rehabilitación e transformación nun centro dotacional multiusos que incluirá un coworking da Deputación, oficinas municipais e provinciais e un auditorio de uso compartido que tamén estará á disposición da veciñanza da cidade histórica e de San Pedro.
MEDIO RURAL
O alcalde visita, en Barciela e Cesar, as obras de mellora da contorna e pavimentación de viais
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo visitou as parroquias de Barciela e Cesar, onde se reuniu coa veciñanza. Nestas parroquias leváronse a cabo distintas obras de posta en valor das contornas e mellora de viais, que contaron cun orzamento de execución total de 458.703,98 euros.
DEPORTES
Case 500 inscritos na carreira e na andaina solidaria "Unha tarde con Samuel" que terá lugar este sábado no Monte do Gozo
O vindeiro sábado 25 de marzo terá lugar a terceira edición da "Cross e a Andaina Solidaria para a investigación Duchenne- Becker. Unha tarde con Samuel" no Parque do Monte do Gozo. Hoxe presentárona a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa; Juanma Mata Torreira, pai de Samuel, e José Antonio Juanatey, presidente do club Atletismo Fontes do Sar
MEDIO AMBIENTE
Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta" cun apagón nos edificios municipais
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Medio Ambiente, súmase este sábado, 25 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais apagarán as súas luces.
MEDIO RURAL
A Xunta de Goberno Local aproba o proxecto de Regulamento do Consello de Medio Rural
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria deu luz verdo ao proxecto de Regulamento do Consello do Medio Rural; que agora será elevado ao Pleno para a súa aprobación inicial, previo ditame da comisión informativa correspondente. Este documento, será o que regule o Consello de Medio Rural, definindo as súas funcións e dotándoo de estrutura e regras de funcionamento, que fagan posible a participación efectiva da veciñanza do rural nos asuntos municipais que lle afecten.
MEDIO RURAL
A Deputación adxudica as obras da senda peonil entre Santiago de Compostela e a parroquia de Figueiras por 900.000 euros
A actuación cubrirá unha necesidade e unha antiga demanda de mellora da seguridade peonil nesta zona de Santiago. O tramo obxecto de actuación transcorre entre o PQ 0 e o PQ 2+560 da estrada provincial DP-7803 e os traballos inclúen a ampliación da beiravía, establecendo un novo itinerario peonil de case dou metros de ancho, o que servirá para aumentar a seguridade viaria na estrada.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno Municipal aproba un suplemento de crédito para o proxecto EDUSI "Rutas Campus Stellae. Miradoiro de paisaxe do Pedroso"
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou un expediente de suplemento de crédito por importe de 42.701 euros para dispor da achega municipal necesaria no exercicio actual (20% da totalidade do proxecto) para o proxecto "Rutas Campus Stellae: Miradoiro de paisaxe do Pedroso".
ACCIÓN CULTURAL
De Lugares e Órganos volve en Semana Santa con concertos e actividades arredor dos órganos de Compostela
O ciclo, organizado pola Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago terá lugar, na súa oitava edición, entre o 31 de marzo e o 8 de abril. Concertos, espazos de conversa, un itinerario musical e unha proxección con música ao vivo na sala NUMAX conforman a programación desta edición