ALCALDÍA
Pleno co alumnado do Colexio Compañía de María
O alcalde presidiu esta mañá un pleno infantil, no que participaron alumnos e alumnas do colexio Compañía de María. Xunto con Martiño Noriega, á sesión asistiron o edil de Educación, Manuel Dios, e os concelleiros María Corral, do PP; Paco Reyes e Gonzalo Muíños, do PSOE; e Rubén Cela, do BNG.
CONVIVENCIA
Máis de 500 nenos e nenas participan na I Gala pola Seguridade Viaria
Máis de 500 nenos e nenas de diferentes colexios de Santiago participaron este luns na I Gala pola Seguridade Viaria, organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local. Foi un evento de carácter lúdico, no que a través do humor se incidiu nas boas prácticas que todos e todas debemos ter como peóns e como condutores.
ALCALDÍA
Recepción a un grupo de persoas internas do Centro Penitenciario de Segovia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado doutros/as integrantes da Corporación, recibiu un grupo de internos/as do Centro Penitenciario de Segovia, que un ano máis realizaron o Camiño de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
Papi e Mami presentan mañá na SELIC as súas "Fantasías coas palabras"
Os nenos e nenas teñen este martes unha cita na Semana do Libro de Compostela: a presentación de Fantasía coas palabras, de Papi e Mami. Será a partir das cinco e media da tarde.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este martes un concerto no Paraninfo da Universidade de Santiago
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. As entradas destas actuacións son gratuítas ata completar aforo.
ACCIÓN CULTURAL
Unha ducia de actividades na axenda do primeiro domingo da SELIC
As actividades infantís e as sinaturas de libros protagonizan a axenda do primeiro domingo da Semana do Libro de Compostela, a SELIC, que se celebra ata o próximo día 11.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada inicialmente a modificación do regulamento do Pleno
A Xunta de Goberno aprobou hoxe de maneira inicial a modificación do regulamento orgánico do Pleno do Concello de Santiago, que agora terá que recibir o visto bo da Corporación municipal. O alcalde explicou que, deste xeito, "danse os últimos pasos nun longo proceso de traballo no que os catro grupos municipais están implicados dende hai case un ano".
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista, neste caso dun neno de oito meses. Os feitos aconteceron este xoves en Arcos de la Frontera (Cádiz).
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Última sesión dos "Contos no espello" no CSC de Conxo
Este sábado 3 de xuño, ás 20:30 horas, o Centro Sociocultural "Aurelio Aguirre" de Conxo acollerá a última sesión desta edición de Contos no espello, unha serie de sesións monográficas nas que se realizou unha escolma de relatos universais nos que o espello ten un papel protagonista.
ACCIÓN CULTURAL E TURISMO
A SELIC, a Festa do Deporte e Compostela + Solidaria, na "Compostelánea" deste mes de xuño
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, presentou esta mañá o undécimo número da revista Compostelánea, a publicación mensual elaborada por Turismo de Santiago e a Concellaría de Acción Cultural que informa da oferta turística, cultural e de ocio da cidade. Trátase do décimo número da revista, que naceu en xullo de 2016 para ofrecer a habitantes e visitantes de Santiago unha guía práctica para sumarse con boa información á vida activa na cidade.