CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participará no Festival de Santander acompañada do trompetista Pacho Flores
O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva. A xuntanza, que tivo lugar de xeito semipresencial, estivo presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo.
COMERCIO
Arranca Prima 21, a festa do comercio local
O xoves 3, o venres 4 e sábado 5 de xuño de 2021 terá lugar en distintos barrios de Santiago a festa do comercio local Prima 21, dentro da campaña de promoción comercial Eu merco aquí, un evento que xorde con vocación de continuidade, co fin de consolidar unha festa do comercio en primavera. O alcalde, o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños; os voceiros do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, e do BNG, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Compostela Aberta Branca Novoneyra, visitaron as principais rúas comerciais...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O alcalde destaca na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire que as crises supoñen "un espazo de oportunidade que debemos aproveitar"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na apertura das xornadas de Industria de Maker Faire, adicadas ás temáticas da dixitalización, a biotecnoloxía e os videoxogos. O rexedor destacou que as crises "supoñen un espazo de oportunidade que debemos aproveitar". Agradeceu o papel de "todas as persoas que fan posibles estas xornadas" a animou a todos os participantes sinalando que "o futuro está aquí, e é noso".
SEGURIDADE CIDADÁ
A Xunta local de seguridade constata que Santiago segue a ser unha cidade segura, cun índice de resolución de delitos graves que supera o 60%
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, presidiron esta mañá a Xunta local de seguridade, á que tamén asistiu o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, e representantes da Policía local, nacional e autonómica. Na xuntanza púxose de manifesto que Santiago segue a ser unha cidade segura, cun descenso no número de delitos contra as persoas, roubos con intimidación e roubos con forza.
MEDIO RURAL
Publicado no BOP o anuncio da modificación da terceira fase do plan de sendas peonís, que afecta á que se vai executar entre Santiago e Figueiras
O BOP da provincia da coruña de data 31 de maio de 2021 publica o anuncio da modificación da terceira fase do plan de sendas peonís, que afecta á senda entre Santiago e Figueiras
OBRAS
Nota aclaratoria sobre a aparición de restos óseos en Salgueiriños
Pasadas as catro da tarde, o concelleiro de Obras, Javier Fernández, foi informado da aparición duns restos óseos nunha finca de titularidade municipal localizada na zona de Salgueiriños.
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
42 vídeos participan no Enreguéifate 2021
O pasado día 28 de maio pechaba o prazo para participar no Enreguéifate 2021 e acadaba a participación de 42 vídeos, 36 na categoría escolar e 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Mañá comeza a sétima edición da Maker Faire Galicia, 100% en liña, 100% gratuíta e máis global que nunca
Despois do éxito da edición en liña celebrada o pasado novembro, a organización aposta por repetir formato, potenciando así o foco internacional. Ademais de contar con máis de 60 proxectos de 7 países diferentes, a poucas horas desta nova edición, os datos de inscricións multiplican por catro os da edición anterior, polo que se espera unha alta participación. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou na rolda de prensa, que se celebrou de forma telemática.
MOBILIDADE
Gonzalo Muíños presenta tres accións de seguridade, mobilidade e accesibilidade que está levando a cabo o seu departamento
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños, presentou hoxe tres accións que están desenvolvendo para garantir a seguridade, accesibilidade e a mobilidade. Son: a pacificación da Costa de San Marcos, instalando dous pasos de peóns e reducindo de tres a dous os carrís dese tramo; adaptación de máis de 300 prazas de mobilidade reducida á normativa vixente; e a posta en marcha dun proxecto piloto de sinais acústicas en semáforos destinado a persoas invidentes. Na rolda de prensa tamén...
CONSORCIO
A Casa do Cabido acolle unha exposición homenaxe ao ourive Julio Lado, derradeiro expoñente dunha saga familiar con forte enraizamento en Compostela desde o século XIX
A Casa do Cabido, na compostelá praza das Praterías, acolle a exposición "Lado, unha saga de ourives composteláns". Esta mañá inaugurábaa o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ao acto asistiron as comisarias, Chus Iglesias Prado -ourive- e María Gómez García -licenciada en Belas Artes, restauradora e profesora de xoiaría na Escola Mestre Mateo-; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Exposicións...