IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este martes en Sant Joan Despí (Barcelona).
DEPORTES
A piscina de Santa Isabel acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Natación Alevín de Inverno
Os vindeiros sábado e domingo, 1 e 2 de febreiro, a piscina municipal de Santa Isabel acollerá o Campionato Galego de Natación Alevín de Inverno, organizado polo CDN Cidade de Santiago e a Federación Galega de Natación. Participarán 29 clubs e 248 nadadores/as.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música programa máis de 20 concertos e actividades de febreiro a xuño
A concelleira de Educación, Noa Díaz, presentou esta mañá a programación da Escola Municipal de Música para o período comprendido entre os meses de febreiro e xuño. Acompañouno na rolda de prensa o director da Escola, Fernando Rey. Ambos deron conta dun calendario de actuacións que inclúe novos concertos didácticos e a participación en diversos actos.
XUNTA DE GOBERNO
Axustadas as anualidades do gasto do servizo de comedores escolares
A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria, aprobou un axuste na anualización do gasto previsto para financiar o servizo de comedor escolar para os centros educativos de Infantil e Primaria do Concello de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Amplo abano de actividades na programación da biblioteca José Saramago e das Aulas de Xogo dos Centros Socioculturais para o primeiro semestre do ano
O concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, presentou o programa de actividades da biblioteca José Saramago e o programa de actividades das aulas da rede de xogo dos Centros Socioculturais, nos que están incluídas as actividades programadas no primeiro semestre do ano.
ALCALDÍA
O alcalde aposta por investir en iniciativas emprendedoras e innovadoras para frear a caída demográfica
Así o indicou na rolda na rolda de prensa de presentación do informe "Eixo Atlántico: situación demográfica e perspectivas", na que tamén interviron Alfredo García, presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras; Agustín Hernández, presidente do CES; Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico; e Gonzalo Méndez, un dos autores do texto.
XUNTA DE GOBERNO
Aprobada a revisión de tarifas do Mercado de Amio
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á revisión das tarifas do servizo do Mercado de Amio, segundo a suba do IPC un 0,40%. Así o deu a coñecer en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
MINUTO DE SILENCIO
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido en Pastoriza (Lugo).
TURISMO
Santiago logrou no 2019 un novo récord de pernoctacións nos hoteis da cidade
Os hoteis de Santiago de Compostela rexistraron 1.466.282 pernoctacións no 2019, segundo os datos do INE. É a maior cifra de pernoctacións anuais rexistrada nunca na cidade, superando as cifras que se conseguiron no último Ano Santo, celebrado no 2010, cando se contabilizaron 1.430.183 pernoctacións.
FEIRAS
O Pazo de Congresos acolle esta fin de semana a VII edición da Feira de Antigüidades
O concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, e a responsable da organización do evento, Marycruz Madrid, deron conta en rolda de prensa dos detalles desta edición, que abre hoxe venres e remata o vindeiro domingo 26.