ACCIÓN CULTURAL
Compostela Cultura presenta as bases para participar na selección de intervencións artísticas para a Zona C 2021-22
O prazo de presentación está aberto ata o 16 de novembro e poden presentarse, individual ou colectivamente, artistas nados ou residentes en Galicia con menos de 35 anos. Ás modalidades xa existentes de creación artística e comisariado, súmase agora a de creación literaria
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello súmase á conmemoración do Día Nacional do Dano Cerebral
Santiago acolleu este mediodía un acto organizado pola asociación Sarela para conmemorar o Día do Dano Cerebral, que dende o ano 2007 se celebra cada 26 de outubro. Comezou cunha camiñada que saíu da Alameda e rematou na praza do Obradoiro, onde se deu lectura a un manifesto por parte de familiares e persoas afectadas por esta enfermidade. No acto participaron, ademais da edila de Políticas Sociais, Mila Castro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e os representantes dos grupos municipais.
ALCALDÍA
Xuntanza coa Asociación de Hostalería Nocturna
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, mantiveron esta mañá no Pazo de Raxoi un encontro con representantes da Asociación de Hostalería Nocturna.
ACCIÓN CULTURAL
A Gala aRi[t]mar chega mañá ao Auditorio de Galicia
A gala presentouse este martes no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, e contou coa presenza de Guadi Galego, premio á mellor canción en galego 2020. No acto tamén participaron o secretario xeral de Política Lingüística, o concelleiro de Políticas Lingüísticas de Santiago e o subdirector xeral de Cooperación Transfronteiriza da Xunta. A entrega de premios, organizada pola EOI, terá lugar este mércores 27 de outubro, a partir das 20.30h no Auditorio de Galicia. Serán 90' de espectáculo...