ACCIÓN CULTURAL
Santiago acolle do 21 ao 24 de outubro o encontro do sector cultural e musical "SiSons Enclave Musical"
O evento, aberto ao público e no que haberá charlas, ponencias, showcases, concertos e actividades paralelas, desenvolverase en distintos escenarios da cidade entre o 21 e o 24 de outubro. A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o organizador, José Francisco Saavedra, presentaron o programa completo nunha rolda de prensa que rematou cunha interpretación da capela de Sheila Patricia, unhas das participantes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba o pagamento das axudas para o rescate do comercio, das que se beneficiarán 481 establecementos
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o pagamento das axudas para o rescate do comercio, das que se van beneficiar 481 establecementos. Tamén deu luz verde á licitación dos contratos para as obras de acondicionamento do Camiño de Fisterra en Vilariño de Abaixo (Quintáns-Villestro) e de mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro; e acordou suprimir o mercado dos sábados en Fontiñas. Dos asuntos tratados informou, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.
POLÍTICAS DE IGUALDADE
O Concello de Santiago súmase ao "Día Europeo contra a trata de persoas"
"Se non mercas non hai trata". É o lema deste 18 de outubro, o "Día Europeo contra a trata de persoas", ao que o concello de Santiago se sumou cun punto de información na Praza do Toural, que visitou a concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón.